jueves, 7 de julio de 2016

Ano de 1841. ¿Por qué o escudo heráldico municipal de Salceda está representado pola casa dos Avalle?


Escudo heráldico municipal de Salceda de Caselas

No ano 1876 o Ministro de Fomento ordeou que todas as corporacións civís, eclasiásticas e organismos da administración, debían remitir unha impresión en tinta dos selos en uso e tamén dos anteriormente utilizados que se conservasen.

No Arquivo Histórico Nacional todavía se conserva a resposta a dito requerimento feita desde Salceda, na cal se explica que no ano 1841, sendo Alcalde-presidente do concello de Salceda D. José María Avalle, deseñouno poñendo as armas e trofeos da sua propia casa e fachada.

Debido á case coincidencia coa data da Orde Ministerial do 30 de agosto de 1840, do entón Ministerio da Gobernación no reinado de Isabel II, que instaba a todos os concellos a adoptar un escudo propio, e dada a similitude na descrición do selo e do escudo municipal non cabe dúbida de que o escudo e o selo foron diseñados conxuntamente.

Os Avalle, ao seu pesar, nunca foron señores xurisdicionais de Salceda, tampouco eran os únicos fidalgos no concello, polo tanto non era unha linaxe representativa do municipio, pero a casualidade de que o Alcalde-presidente de Salceda no ano 1841 –ano en que se cumplíu a orden de facer o escudo- fora un Avalle fixo que éste aproveitando ser a máxima autoridade local decidira colocar para recoñecemento da súa linaxe as súas armas e a súa casa para representar a Salceda no escudo municipal.

Ese escudo heráldico municipal mantívose no tempo ata o século XX, mentras que o selo municipal foi modificado no ano 1854, -probablemente cambio de imaxe motivado pola Revolución dese ano que puxo fin á década moderada pasando ao bienio progresista- dito selo foi sustituido por outro que tiña as armas españolas, que é o que nesa data, ano de 1876, citan que están utilizando.

A partir de 1976 ao antigo escudo heráldico de Salceda faíselle unha modificación, quitáselle as armas dos Avalle, pero mantense a solaina e arcada de cinco arcos do pazo de Avalle e mantense en xefe ao sol radiante de igual forma que está presidindo en pedra a balconada no citado pazo.

Nun “Informe Oficial aprobado por la Real Academia de la Historia” de no 1976 dise:



SALCEDA DE CASELAS (PONTEVEDRA)

El Ayuntamiento pontevedrés de Salceda de Caselas, somete a superior consideración un proyecto de escudo, conque desde ahora blasonarse autorizadamente.

Con excelente consejo, los promotores de las actuales diligencias proponen para armas locales, traídas desde hace un siglo, cuando menos, el escudo de la rancia estirpe de los Avalle, señores jurisdicionales que fueron de estos bellos parajes, y, a falta de otra ilustración pertinente que pudiese llevar a heráldica distinta, ésta por que se propugna estímase viable, aunque en armerías de otrora, en términos generales hablando, no viniesen a ellas tan naturales expresiones arquitectónicas  como las que ocupan el campo único de escudo propuesto.

En cambio, otro de los elementos presuntamente heráldicos del blasón que motiva el expediente que se comenta, no parece aconsejable, por desusado timbre, para dicha composición armera; prescindir de él, tampoco, dada su vieja solidaridad plástica, en la labra heráldica que del pie y argumento bastante, a nuestro entender, a los organizadores de la expresada armería.

De consiguiente, el escudo de Salceda de Caselas, podría componerse bajo esta organización: De azur, la portalada, de plata, del pazo de los Avalle (en el lugar de Pasarines), viejos señores jurisdicionales de la zona; y en jefe, de sable, el sol, radiante, sostenido por dos querubines, arrodillados, del mismo metal. Al timbre, corona real, cerrada.

No obstante, la Academia, resolverá lo que estime oportuno.

Madrid, 24 de marzo de 1976.

Dalmiro de la Válgoma.

(Aprobado en junta de 26 de marzo de 1976)

Boletín de la Real Academia de la Historia,  Ano 1979, Tomo 176








Partido judicial de Tuy. Salceda de Caselas. Caja 15 nº 53

El sello del Ayuntamiento se construyó el año de 1841, siendo Alcalde Presidente el Señor D. José María Avalle, poniéndole por armas o trofeos las de su propia casa y fachada.

Vino el año de 1854, y entonces se formó con las armas Españolas, el que actualmente se usa, así como otro con las mismas armas para uso de la Alcaldía.



El Alcalde.

Año de 1876

Archivo Histórico Nacional. ES.28079.AHN/5.2.13.7.12.4//SIGIL-TINTA_PONTEVEDRA,15,N.53