jueves, 29 de septiembre de 2016

Ano de 1478. Avalle (parte 1). A orixe da linaxe



ANO de 1478
Uns anos antes, o Conde de Camiña, Pedro Alvárez de Sotomayor (Pedro Madruga) cando ocurreu a Revolta dos Irmandiños escapou a Portugal, e despois do exilio en Portugal e de estar un ano preso, cando volveu ás súas terras e viu que as suas fortalezas fosen demolidas, e as súas xurisdicións foron usurpadas, presentouse con todo o rancor que fora acumulando nese tempo e coma un “león acorralado, sus sacudimientos eran tanto más terribles, cuanto más próxima parecía su ruina”, co seu valor indomable recuperou os seus feudos, reparando as súas fortalezas e destruindo as dos seus inimigos feudais, como eran García Sarmiento, señor de Sobroso, Gregorio de Valladares, señor de Valladares, e FRANCISCO e LOPE DE ABALLE entre outros. Pedro Madruga destruiu as fortificacións do mosteiro de Oia, levantou o castelo de Tebra, e construíu o castelo da Picaraña para ter vixiado ao seu principal inimigo García Sarmiento, señor do castelo de Sobroso en Ponteareas.




El primero que cayó víctima de su saña fué García Sarmiento. Hallábase en cierta ocasión el señor de Sobroso merodeando tranquilo con un buen golpe de gente en las tierras de Sotomayor. El Conde de Camiña lo acechaba emboscado en el fondo de un valle, y cuando llegó el momento oportuno … García Sarmiento fué apresado y puesto á buen recaudo en el castillo de Sotomayor.


Para apoderarse do castelo de Sobroso puxo aos seus defensores entre a alternativa de renderse ou de ver decapitar ao seu señor, como xa fixera co pai déste en Ribadavia:





Defendía el castillo LOPE de ABALLE, cuñado de García Sarmiento, por su esposa Dª Catalina Sarmiento. El Conde de Camiña extendió una manta á las puertas de la fortaleza, puso sobre ella á García Sarmiento, y dirigiéndose á los de dentro 
-¿Veis á vuestro señor? les decía: si no me dais la casa, cortarle he la cabeza.
 -Ah! Fidalgos! Esclamaba García Sarmiento, dade esa casa y no moriré
Esta operación se repitió varias veces, y D. Pedro (Madruga) era hombre para ejecutar lo que decía; pues, no con mayor motivo, degolló á Diego Sarmiento, padre de García. Mas LOPE de ABALLE, á las intimaciones del Conde de Camiña, respondía siempre con fiereza: 
-Bien lo podeis matar, mas acá no entrareis.





Posteriormente nun intento de cercar o castelo de Fornelos, propiedade tamén de Sotomayor:





... a pesar del lujo de preparativos para realizarlo con buen éxito, se malogró por completo, porque adelantándose a los demás los capitanes FRANCISCO y LOPE de ABALLE, tío y sobrino respectivamente, un escudero de don Pedro llamado Alonso Ramírez mató a los dos de “una espingardada”; con lo cual, dice Aponte, “acabaron de morir todos los enemigos del conde de Camiña”, ...
(Galicia en el último tercio del siglo XV. Antonio López Ferreiro)



  


Coincide Felgueiras e Gaio cando na súa obra Nobiliário de famílias de Portugal fala dos Avalle, comeza o seu relato cun tal Lope de Aballe que casara con Catalina de Sotomayor, Lope morreu con seu tío Francisco de Aballe nunha batalla contra ó ataque de Pedro Alvarez de Sotomayor Pedro Madruga.


Árbore xenealóxica



Lope de Aballe e Catalina de Sotomayor tiveran un fillo que se chamou Gonzalo de Aballe, foi señor do Coto e Solar de Fiolledo e tamén señor de Canedo e Nogueira e Barcia, en torno á metade do século XV. Gonzalo casou no ano 1453 con Inés Sarmiento e Manuel, filla de García Sarmiento señor de Sobroso e a sua segunda muller María Manuel.

Gonzalo e Inés tiveron dous fillos, Beatriz de Aballe Sarmiento e Lope de Aballe.


Beatriz de Aballe:
Beatriz de Aballe, filla de Gonzalo e Inés, casou con seu pariente Diego Marrán Sotomayor de Aballe, señor de Marrán en Fornelos de Montes, tiveron seis fillos:

-          Francisco de Aballe,
-          Lope de Aballe,
-          Gonzalo de Aballe, foi deán de Tui,
-          Inés de Aballe,
-          Ginebra de Aballe,
-          Agueda de Aballe.


Francisco de Aballe:
Francisco de Aballe, era fillo de Beatriz de Aballe e Diego Marrán, foi señor de Fiolledo e de Marrán, tamén Comendador de Santiago, casou con Elena Pereira de Castro, filla de Rodrigo Sánchez de Moscoso, tiveron nove fillos, Fernando, Gonzalo, Baltasar, Leonor, Mencía, Agueda, Leonel, Lope e Gregorio, sendo a que segue a liña sucesoria Agueda de Aballe.


Agueda de Aballe:
Agueda de Aballe, filla de Francisco de Aballe, herdou as casas de Fiolledo e Marrán. Agueda casou con Paio Mariño de Lobera, tiveron tres fillos: Gregorio, Manuel e Blanca.





Dn Payo Mariño de Lovera y su mujer Dª Aguida Diaz de Aballe en veinte y siete de septiembre del año de mil seiscientos uno por escritura publica a fe de Pedro Porta escrivano hicieron mexora de tercio y quinto irrevocable de todos sus bienes señalando el Palacio de Fiolledo y mas que refieren gravandolos con la qualidad vincular a favor de su hijo Dn Gregorio de Aballe y Mariño Preveniendo que en ellos huviesen de suceder sus hixos legitimos y de legitimo matrimonio. Preferiendo el mayor al menor y el varon a la emvra ...
(Registro de Ejecutorias. Caja 3575.43 Real Chancillería de Valladolid)




Gregorio de Aballe Mariño de Lobera:
Gregorio de Aballe, foi bautizado na igrexa de Santa Comba de Pedrafurada, preto de Fiolledo. Foi capitán e familiar do Santo Oficio da Inquisición, e sucesor das casas de Fiolledo e Marrán.

A época de máis grandeza do señorío de Avalle en Fiolledo deuse nos anos en que Gregorio foi propietario. Mandou levantar o Pazo-Fortaleza e facer unha Capela no ano 1601, onde consta a seguinte inscrición: “GREGORIO DAVALLE CASTRO LOBERA CAPITAN DE SU MAGESTAD FAMILIAR DEL SANTO OFICIO MANDO FAZER ESTA CAPILLA POR SU DEVOCIÓN” e tamén un monumental escudo heráldico. 

A Capela, baixo a advocación de San Gregorio, pertence ao Pazo, pero non era privativa, foi construida fora do muro, cunha porta cara o camiño público, para permitir o acceso á xente da Parroquia. Tamén conseguiu a prerrogativa de poder ser enterrado nela él e os seus familiares, mediante o pago de “mil pesos de renta”. Dende entón o barrio chamouse de San Gregorio na súa honra.

Gregorio casou con María Pereira de Castro, filla de Pedro Baez Pereira de Castro e de Grimasela Pereira. Tiveron tres fillos, Paio, Pedro e Agueda.

O fillo primoxénito Paio Avalle e Pereira foi quen sucedeu nos morgados de Fiolledo e Marrán.


Paio de Aballe e Pereira:
Paio de Aballe e Pereira, fillo de Gregorio de Aballe e María Pereira, naceu no ano 1607. Casou con Antonia de Puga Turrichao, tiveron tres fillos, Gregorio, Diego e Ana María. 

O fillo primoxénito e sucesor foi Gregorio de Avalle.


Gregorio de Aballe e Puga:
Gregorio de Avalle, fillo de Paio e Antonia, naceu no ano 1629 en Pedrafurada, Salvaterrra.  

Foi o continuador da linaxe, herdando as casas e morgados de Fiolledo e Marrán, casou coa súa curmá Francisca de Puga. Tiveron tres fillos, Benito Antonio Aballe, Manuel Joseph Aballe, e María Bernarda.

O primoxénito Benito Antonio Aballe, bautizado o 20 de outubro de 1659 en San Lorenzo de Fornelos de Montes foi quen herdou a casa principal de Fiolledo e as propiedades vinculadas, así como a de Marrán, e continuaron esa sucesión os seus descendentes.

Mentras que seu irmán Manuel Joseph Aballe, bautizado o 14 de xullo de 1672, casou con Francisca Patiño, filla de Jacinto Patiño de Avalle, señor das Casas e morgados da Bacaría, e da súa esposa María Gil de Araújo e Barros da casa de Barcia. Manuel e Francisca tiveron un fillo chamado Ignacio Benito Avalle.




Preguntarédesvos que ten que ver todo esto con Salceda, pois resulta que Ignacio Benito Avalle casou en Salceda, e a partir dese casamento enraizan os Avalle na nosa vila

Creo importante introducir esta parte xa que a casa de Fiolledo xogará un papel fundamental nas vicisitudes da casa de Salceda nos anos posteriores. Ademáis permítenos coñecer a orixe da linaxe desta importante familia. 

Continuará ...