miércoles, 3 de mayo de 2017

Ano 1078. O Castelo de ENTENZA. TURONIO




<Nos documentos anteriores ao século XV, que son a maioría dos que aquí son citados, en moitos casos están datados na “era hispánica”, haberá que restarlle 38 anos para obter as correspondentes datas na “era cristiana” que é a que seguimos na actualidade>


TURONIO, Toroño ou Turonium foi un célebre territorio que no seu maior esplendor chegou a ocupar as terras entre a ría de Vigo e o río Verdugo, que marcaban o límite polo norte, e o río Miño lindando polo sur, chegando no leste ata terras de Ribadavia.

Mapa de Turonio


O goberno de Turonio estaba desempeñado por un tenente ou merino posto polo rei e con ampla xurisdición nos ámbitos contencioso, gobernativo e militar. Os habitantes das vilas pertencentes a Turonio acudían ante o devandito gobernante para que administrase xustiza en seguinte instancia á das autoridades locais. O poderoso conde Gómez Núñez foi un afamado tenente de Turonio que gobernou entre os anos 1116 e 1141.

Turonio adquiriu especial importancia a partir do século XII, cando se produciu a independencia do Condado Portucalense, debido á súa situación estratéxica –na raia- facendo fronteira có recén creado reino de Portugal, convertíndose nunha zona de constante fricción entre os reinos de Galicia e de Portugal.

En Turonio existían varios castelos, o mais importante era o castelo de Santa Elena, chamado tamén castelo de Toroña, situado no monte Castelo en Camos, Nigrán; seguíanlle os de Sobroso, Tebra e Entenza en Salceda de Caselas.

Descoñécese a data de fundación de Turonio. A primeira noticia que temos é do ano 445, por medio do Cronicón do Bispo Idacio, onde dí que no referido ano “chegando repentinamente os vándalos en naves á praia de Turonio en Galicia prenderon a moitas familias ...”. Respecto ao castelo de Entenza descoñécese tamén a data de construcción, unicamente sabemos que xa existía no ano 1116 da era hispánica.

Entre os anos 1115 e 1126 tivo lugar en Galicia unha guerra civil que se desatou entre os partidarios da raiña de León, dona Urraca, e os partidarios do seu fillo, o infante Alfonso VII, quen estaba auspiciado pola media-irmá de Urraca, Teresa Alfonsez, gobernadora do Condado Portucalense, recén independizado da coroa de León. Os nobres galegos, entre eles o conde Gómez Núñez, gobernador de Turonio, querían aumentar a autonomía do infante Alfonso VII para que Galicia fora un reino independente de León. Para sufocar esas aspiracións a raiña Urraca, dirixiu no ano 1115 o seu exército a Santiago de Compostela a forzar unha negociación, pero a poboación amotinouse e dise que na revolta popular Urraca foi rodeada, golpeada e nun lamazal foi espida, humillada e vexada e ata se di que dunha pedrada lle romperon varios dentes. Tras fuxir, a raíña voltou cun forte exército para asediar a cidade ata a súa rendición, someténdoa posteriormente a unha forte represión.

Dous anos despois, Urraca dirixiuse a Turonio, e foi cercada no castelo de Sobroso polos partidarios do seu fillo e da súa media-irmá Teresa de León. Urraca tivo que fuxir cara Santiago de Compostela e non tivo mas remedio que asinar o Pacto do Tambre, no que recoñecía a lexitimidade do seu fillo Alfonso para sucedela no trono.

No ano 1121, esta vez có apoio do bispo de Santiago, Diego Xelmírez, Urraca voltou a terras de Turonio, e dirixiu desde a fortaleza de Salvaterra de Miño o ataque contra a súa media-irmá Teresa Alfonsez que intentaba tomar varias prazas de Turonio. Teresa foi derrotada e refuxiouse no castelo de Lanhoso.



Cova da raiña Urraca en Salvaterra



Unha lenda di que Urraca mandara construir un túnel que partía do seu pazo residencial, na fortaleza de Salvaterra, e cruzaba baixo o río Miño ata a outra beira en Portugal.

A guerra civil non cesou ata a morte de Urraca no ano 1126, que aconteceu no castelo de Saldaña. Ese mesmo ano, o seu fillo Alfonso, chegado de Galicia, foi coroado tamén como rei de León có nome de Alfonso VII de León, alcumado o Emperador.






Refiere la “Historia Compostelana” en el lugar arriba citado y bajo el año 1116 que D. Gómez Núñez favorecía al Rey niño D. Alonso VII contra la Reina doña Urraca, su madre, y que esta salió de Compostela y se vino a Turonio donde estaba D. Gómez con ánimo de cercarle, pero, como este era poderoso en su situación, tanto por la fortaleza de los castillos, de la comarca, como por la mucha caballería e Infantería que mandaba, no pudo conseguir aquella sus intentos, antes por el contrario D. Pedro de Trava, Ayo del Rey y la Infanta doña Teresa, Señora y Reyna de Portugal, hermana de doña Urraca, persiguieron a esta hasta cercarla en el castillo de Sobroso. Pero reuniéndose las tropas leales de doña Urraca, la sacaron del peligro en que estaba y la llevaron a Santiago.
Merced a la actividad y valor desplegados por D. Gómez, toda la comarca de sus dominios seguía el partido del Infante don Alfonso, consiguiendo con su audacia que durante varios años ondeasen en los muros de los castillos de La Guardia, Tebra, Bayona, Entienza y Tuy los pendones del hijo de doña Urraca, bajo el protectorado de la Infanta doña Teresa de Portugal.
La guerra civil que se desarrolló en Galicia entre los partidiarios de don Alfonso y los de doña Urraca, ocasionó inmensos trastornos en todo nuestro reino, pero especialmente en nuestra región de Tuy y La Guardia, merced a su situación a las orillas del Miño, pues ambas plazas y otros pueblos de aquellas tenían que soportar las frecuentes irrupciones de tropas de unos y otros partidos.
Don Diego Gelmírez, Obispo de Santiago, sufrió también con este motivo los mayores atropellos en su sagrada persona a consecuencia de las revueltas del pueblo compostelano.
Hubo ocasiones en que la Catedral de Santiago se vió convertida en un verdadero campo de batalla, donde se combatía con piedras, dardos, saetas y toda suerte de armas manejadas confusamente por más de tres mil hombres armados que allí llegaron a reunirse atacando a la Reina y al Prelado. Llegó la osadía de aquellos a incendiar el templo y las torres donde estos se habían refugiado.
Juan Domínguez Fontela. La Integridad, diario católico. 4 octubre 1921





Os castelos de Turonio, que eran fortalezas militares, laicas, de natureza de reguengo -propiedade do rei-, foron doados xunto con mais propiedades ao bispo de Tui en varias ocasións, pasando a ser de señorío eclesiástico, como contraprestacións dos servizos prestados polo bispo á coroa. Pero debido ás constantes incursións militares, e invasións portuguesas, eran arrebatados os castelos ao bispado, na maior parte das veces polos propios gobernantes de Turonio. Por iso os reis estaban constantemente novando e confirmando no tempo as doazóns dos castelos ao bispado de Tui. Un deles era o castelo de Entenza.

No ano 1140 o conde Gómez Núñez, gobernador da terra de Turonio, apoderouse do castelo de Entenza, que nese momento era propiedade do bispado de Tui, cedido polo rei. O bispo de Tui, Pelayo Menendez, denunciou a usurpación, e o rei Alfonso VII mandou que fose restituido ao bispo. No ano 1142 estivo o rei en Tui e donou ao bispado todas as propiedades reais que tiña na cidade de Tui, e entre elas tamén confirmou a doazón do castelo de Entenza.







Y en el año siguiente, aviendo siempre hombres poderosos, casi tyranos en esta tierra por estar apartados de su Rey. Un Conde don Gomez se metio en los bienes desta Iglesia y particularmente se alço con el Castillo de Antenza cerca de Tuy, que era del Obispo, y el Obispo don Pelayo se quexo al Emperador don Alonso, que se lo mandó restituyr, prometiendo de venir quitar tyranos de la tierra, a assi en la Era de 1180, vino el Emperador a esta ciudad, por el mes de Agosto con la Emperatriz doña Berenguela, confirmo todo lo que el Conde don Ramon su padre y la Reyna doña Urraca su madre, y el Rey don Alonso, su abuelo, avian dado a esta Iglesia, y buelve a dar de nuevo todo, quanto en la ciudad de Tuy, y en sus cotos, podia pertenecer al derecho Real, y dice lo da al Obispo, y a sus sucesores, para siempre que siempre lo ayan, y tengan.
Y que paguen los yantares, los quales dice que reciba el Obispo moderadamente, y que no entre otra justicia ninguna en esta ciudad, sino la que el Obispo pusiese:
Da otras muchas cosas, y el portazgo de la ciudad. Acota el Rio desde la boca del Miño, hasta la villa de Lazoyro, que ninguno tenga Nave conducticia en el puerto de Tuy, sino el Obispo.
Da el Realengo de Benevievere, y los demas cotos, y que los ganados puedan paçer en todas partes, salvo en lo sembrado, dio el Castillo de Santa Elena en tierra de Minor, con todo lo a el anexo, todo lo qual dice da por el remedio de su alma, y por la estabilidad de su Imperio, y que el Obispo, y los Canonigos sean fieles, y leales vasallos suyos, y de sus sucesores, &c.
Antiguedad de la Ciudad, y Yglesia Cathedral de Tuy. Fray Prudencio de Sandoval.






Menciona Manuel Fernández Rodríguez na sua obra “Toronium” que Pedro Peláez, tamén coñecido como Pero Pais en Portugal, era fillo de Pelayo Pérez Zapata e de Chamoa Gómez, filla de Gómez Núñez, quen fora poseedor da terra de Toroño no reinado de Alfonso VII. Pedro Peláez estivo casado con Elvira Venegas, filla de Egas Muniz.

Pedro Peláez asistiu ao rei na batalla de Ourique e na toma de Santarém, no cargo de Alférez, ou Signifer, ata novembro do ano 1169, data na que os españoles foron expulsados polos portugueses do territorio de Toroño.

Durante a ocupación portuguesa o rei Alfonso Enríquez o 27 de marzo de 1169 confirmou a doazón a favor da Igrexa de Tui do realengo de Bembibre. Poucos anos despois, en xullo de 1180, na confirmación dos privilexios anteriores, volve a aparecer Pedro Peláez denomínandose Signifer de Portugal, e Tenente Entenzam” do castelo de Entenza, que pertencía á terra de Toroño.

Na dote para as suas fillas Sancha e Dulce, que asinou o 6 de marzo de 1217, o rei Alfonso IX, fixo constar que a sua primeira esposa e nai delas, dona Teresa, era propietaria dos catro castelos de Toroño: “Entença, Soberoso, Sanctenia et Tebura” e dicir: Entenza, Sobroso, Santa Elena e Tebra.

No ano 1336 don Pedro, conde de Barcelos e fillo do rei don Dinis de Portugal, partiu do mosteiro de Ganfey, cruzou o Miño e puxo sitio ao castelo de Entenza, que estaba defendido polo arzobispo de Santiago, Juan Fernández de Limia e o adelantado Maior de Galicia, Ruy Páez de Biedma.

As milicias galegas capitaneadas polo Arcebispo de Santiago e o Adiantado do Rei en Galicia situáronse en Entenza, e nun intento de atacar por sorpresa ao Conde de Barcelos e aos seus homes, tentaron un ataque pola noite, pero ao descubrir que o Conde de Barcelos e os seus homes estaban a esperalos suficientemente armados nun outeiro próximo, os galegos retrocederon ao castelo de Entenza e estiveron tres días cercados polos portugueses, sin poder saír do castelo:








Este conde don Pedro quando ouve guerra entre Portugal e Castella, logo no começo esteve em Riba de Minho por mandado del Rey de Portugal; e estando este Conde no mosteyro de Ganfey, o Arcebispo de San-Iago ajuntou as mais campanhas, que pode aver, e o pendom de Sant-Iago, e Ruis Paes de Bema, que vinha hi con el, que era Adiantado del Rey en Galiza, com todos os que pode aver, e queria passar o Minho para cá, a onde o Conde estava; e o Conde soubeo, e juntou aquelles que tinha, e passou allem do Minho; ca disse que era melhor de os atender na sà terra que en Portugal; e enton passou o rio alem, e parouse nos caminhos dos vaos todos, porque non sabia, por qual vao queria passar, nem por qual caminho vinha, e atendeo hi dous dias. Ao segundo dixeromlhe que vinha o Arcebispo com seu pendom tendudo, e cuydando achalos no arrayal desarmados e sem sospeyta, e por esso andaron hua peca de noyte. E o Conde soubeo muy cedo pella menham e foy armar todos os seus e moverao contra el. E o Arcebispo com todos os seus com o pendao de Sant-Iago tendudo aquem do castello de Tença, cuydando achar o Conde sem sospeyta, e el vindo assi, vio assomar o Conde e o seu pendom, con todos os seus en hum outeyro, e quando o vio bolveose con o pendâo de Sant-Iago, e com todos os seus para o castello de Tença, e o Conde enviolhe a dizer, a que vinha assi, que se queria lidar?, e el dixe, que nom vinha a rezar outros Matines; e entom moveo o Conde, e foyse chegando contra elle, e el acolheose bem acima de hu castello junto com o muro, e alli atraz das barreyras meteo o pendom; e tendo muytas mais gentes que o Conde, assi de cavallo como de pè; e assi o teve o Conde cercado tres dias, que nunca saio do castello, nem de redor delle, demandando cada dia ao Conde tregoa, tam ben o Arcebispo, como o Adiantado del Rey; e o Conde mandoulle cada dia roubar, e filhar o que elles aviâo mister, e queymar a terra, e nunca el alli ouzou a tomar.
Monarchia Lusytana. Antonio Brandao








Para recompensar ao bispo de Tui, don Juan de Castro, dos danos sufridos na cidade e igrexa de Tui causados polos cabaleiros que estaban ao servizo do rei de Portugal, Enrique II rei de Castela nas cortes de Toro, expediu unha carta o 4 de setembro de 1371 pola que donou o castelo de Entenza, “que es tierra de Toroño”, declarando o monarca que o castelo era seu, adquirido sete anos antes, cando foi sitiado Lugo na loita contra os partidiarios do seu irmán don Pedro.

No ano 1337 faise unha importante reparación e ampliación do castelo de Entenza, sendo o seu gobernador Lope Gómez de Pedroso, para elo dispúxose que tiñan que contribuir todos os habitantes das vilas próximas, con traballos persoais, a través de contribucións dinerarias ou con aportación de materiais. Pero o poderoso Mosteiro de Oia non estivo deacordo e solicitou ao rei a exención de dita obrigación. E efectivamente o 15 de abril de 1337, o rei Alfonso XI firmou unha carta ordeando que o Mosteiro de Oia e os seu vasalos quedaban exonerados de traballar na reconstrucción do castelo de Entenza ni a pagar contribución algunha por el.

Alfonso XI se dirige al adelantado y justicias del reino de Galicia ordenándoles que no obliguen a los pecheros de Santa María de Oia a labrar en el castillo de Tença. Archivo Histórico Nacional. CLERO-SECULAR_REGULAR,Car.1827,N.1



No ano 1415 o rei Juan I, volveu a doar o castelo ao bispado de Tui, xunto con otras moitas propiedades.






El Rey don Henrique dio al Obispo don Juan, por los servicios que le avia hecho en la guerra contra Portugal, y en satisfacion de los daños que a esta Iglesia, y dignidad Episcopal, y su ciudad avian hecho Suerianez de Parada, y otras compañas, que avian ayudado al Rey de Portugal, contra la fidelidad devida a su Principe. Dio al Obispo el Castillo de Entença, y otras cosas. Y en la Era de 1415, a 8 de Deciembre, hiço una escritura de testamento, y manda de ciertos bienes a este Iglesia en Val de Lorina, y Arcos, para que aya Capellanes. Y en la Era de 1417, a 10 de Agosto, confirmo el Rey don Juan el primero, los bienes y libertades del menesterio de San Pedro de Cardeña: confirma don Juan Obispo de Tuy, y dice el Rey ser el año primero de su Reyno y se corono, y armo Cavallero: y lo mismo parece por otra escritura fecha en este años en Burgos, a 18 de Agosto, en que el Rey don Juan confirma la donacion, que avia hecho al Obispo del Castillo de Entença.
Antiguedad de la Ciudad, y Yglesia Cathedral de Tuy. Don Fray Prudencio de Sandoval.





Como era de esperar, tamén deu boa conta de todo isto o cronista Avila y La Cueva:




15. En la parroquia de San Justo y Pastor de Entienza á una legua de esta ciudad en la cumbre de un collado que en el medio de ella hay nombrado hoy en dia de Toroña, y también del Castelo hubo en la antigüedad otro Castillo muy celebre que se decia de Tenza, como asi mismo de Antenza, y por último de Entienza. Cuyo Castillo era del señorío del Obispo de Tuy por merced real: Pero el Conde Don Gómez Núñez que gobernaba la tierra de Turonio, traspasando los limites de lo que le correspondia se apoderó indebidamente de el, de lo que se quejó el Prelado que entonces era de Tuy Don Pelayo Menendez al emperador Don Alonso 7º, y este Monarca por sentencia que dió en el año de 1140 mandó se lo restituyese. El Rey Don Henrique 2º por los de 1370 volvió a darlo al Obispo de Tuy, espresando estar sito en tierra de Turonio: Y al año siguiente 1371 lo confirmó con su hijo primogenito Don Juan 1º en las Cortes de Toro. Cuando se ofrecia reparar ó trabajar en la fortificación de este Castillo concurrian á ello todos los habitantes de sus contornos, ya personalmente, o ya por medio de contribución que se les hechaba para aquel fin: y como por los años de 1337, siendo castillero de el (esto es Gobernador) Lope Gómez de Pedroso se anduviese reedificando y fortaleciendo, quisieron obligar al Monasterio de Oya y sus vasallos a que tambien concurriesen a la Obra como los demas: pero el Abad de aquella casa se quejó al Rey Don Alonso 11, quien despues de hechas aberiguaciones, y oidas partes mandó por sentencia que dió en 15 de Abril de 1337, que el indicado Monasterio ni sus vasallos no fuesen obligados á ayudar a labrar el Castillo de Tenza, que asi dice, ni a pagar tributo alguno por el. Cuya cedula se conseba en el archivo de la referida casa donde la hemos visto.
Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Avila y la Cueva.







O último merino coñecido de Turonio foi Payo Sorrede de Sotomaior, según consta nun documento do ano 1374. A partir do século XV Turonio desaparece como entidade administrativa, e no seu lugar son as vilas as que acadan mais autonomía administrativa.

Desde 1415 non temos mais noticias do castelo de Entenza, cuia decadencia coincidiu con o ocaso de Turonio. Como xa foi dito, este castelo xogou un papel importante nas loitas contra Portugal e probablemente foi destruido polas revoltas irmandiñas ou por orde de Isabel a Católica, cando mandou destruir os castelos dos nobres galegos que apoiaran a Juana la Beltraneja na guerra de sucesión.

No ano 1817 xa non existía practicamente ningún vestixio do castelo, según verbas de Francisco Ávila y La Cueva, quen se desplazou persoalmente a Entenza na búsqueda das ruinas do castelo:







En 15 de junio de 1817, pasé yo de propio intento a informarme del sitio que ocupó este castillo, y no ecsiste de el en la actualidad mas que tan solo una especie de cisterna hecha de argamasa muy fuerte, y se encuentran por alli muchos pedazos de ladrillos y otros bestigios que prueban su ecsistencia en aquel parage. Cuyo domina toda la Campiña de la circunferencia, aun que su altura no es grande, y se sube á ella comodamente.
Historia Civil y Eclesiástica de la Ciudad de Tuy y su Obispado. Avila y la Cueva.







Na actualidade, o sitio onde se alzou o castelo está parcialmente ocupado por unha antiga canteira, e apenas quedan restos que testemuñan a sua existencia. 














Segun a tradición oral, dise que a pedra das ruinas do castelo foi empregada na construcción da antiga igrexa parroquial.









CASTELO DA TURONIA DE ENTENZA


¡Ou! Castelo do Lugar da Turonia
Logo, chan do Lugar da Turonia, hoxe Entenza
tí foches a Sede de tantos Condes
que por tí, fixeron tan longa entenza.(1)

Tiñas o carreiro soterrado
po la Fonte do Castelo
¡canta maravilla enriba do monte!
¡canta por baixo do seu seo!

Dendes a tua Torre do Homaxe
viase o teu Porto da Baiona
pois deica alá, chegava a tua quinta
sendo pratí, os montes, ias veigas todas.

De toda a Turónia do teu nome
eras o Castelo principal
víanse dende tí, as tuas terras
as do Condado da Salvaterra e Portugal.

¿Cas pedras do que xa havia alí Celta
esborrallado po lo imperialismo román,
cando fixeron a landra, o alxibe ia fonte
amañaron éste, teu Castelo medioeval?

Pois a hestória dí, cabía unha grande touza
po lo medio das pedras do esborrallado,
¿e coubo alí, un xeito de Monte Medulio
na contra do asoballamento do romano?.

E pra mais, co Décimo Xulio Bruto
cruzou o Limia io Miño por alí arriba
¡defendéronse os Celtas galegos en Entenza
do terribel autoritarismo román, que viña?.

¡Canta sona, gañaría Entenza co Castelo!
posto coma hotel, pra turistas namais,
dende enriba do penedo, vese medio Miño
¿cunha torre enriba dele? ¡canto mais!.

Libros que confirman, éstas miñas afirmazóns. Boletíns da Academia Galega (Varios Números) do Museu da Pontevedra id dos Monumentos de Ourense id. A y la Cueva. F Prudencio Sandoval. Rodriguez Branco. Nas suas Hestorias de Tui ía sua Diócesis. Herculano Hestoria de Portugal. (1) Entenza. Preito Os diantes ditos e Dicioarios Galegos.

Gumersindo D’Entenza. Ano 1962






Recreación imaxinaria do Castelo de Enteza.
Feita por Alfonso Núñez por encargo de Gumersindo Martínez (Sindo d'Entenza). Ano 1962


O castelo probablemente fose unha fortificación defensiva, composta por unha torre, patio de armas, alxibe e cabalarizas, todo amurallado aproveitando os penedos existentes no seu trazado.

Estaba situado na parroquia de Entenza, no lugar chamado Castelo, no alto dun outeiro a 124 metros de altitude, desde alí practicábase unha boa visión do rio Miño. Na cara norte visualízase o monte Espicho do Faro, onde probablemente estivese un posto de vixiancia, e tamén no que se atopa unha antiquísima pedra en forma de cadeira, chamada a “cadeira do rei mouro” e tamén “cadeira da raiña Urraca” según a lenda á que se refira.




Cadeira do rei mouro. Espicho do Faro


Desde alí podía divisarse o propio castelo de Entenza e tamén outros puntos estratéxicos onde tamén había outras fortalezas defensivas como o Monte Aloia, Santa Tegra, Monte Lousado, Picaraña, Sobroso, Galiñeiro e o Faro de Budiño.