Non se trata dunha sucesión de feitos e datas. Enfocado a partir das persoas
protagonistas de cada suceso, trátase de poñer en valor os textos que
documentan varias pasaxes da nosa historia, para a través deles extraer o
lado mais humano e persoal da xente, para tentar poñer ao lector no lugar
dos nosos antepasados, e comprender como eran, como vivían, a súa
mentalidade, e cales eran os seus problemas e as súas inquedanzas, e sobre
todo coñecer a idiosincracia dos veciños desta vila, o seu bravío, valentía,
afouteza e indocilidade que mantiveron durante séculos.
Dimensións do libro: 16 x 23 cm. 480 páxinas
Categoría: Historia
ISBN: 978-84-09-11856-4
Depósito Legal: VG 296-2019
Edita: Concello de Salceda de Caselas
© Marco Antonio Rivero Valcárcel