Sobre este blog

Fai un par de anos, caeron na miña man uns cuantos vellos documentos manuscritos de compravendas de propiedades e tamén algún testamento de antigos familiares apenas ilexibles para a miña inexperta capacidade lectora, pero a curiosidade tivo en min suficiente entidade para que a base de relelos unha e outra vez, conseguise aprender a descifralos e interpetalos. Dende entón, espertou en min unha nova afección ou quizais obsesión onde empregar o escaso tempo libre, de “coleccionar vellos papeles manuscritos”. Mergullando en cuantos arquivos históricos tiven oportunidade, encontrei moitísima documentación relacionada coa nosa vila de Salceda.

Debido a que sobre a nosa vila apenas existe historia escrita, considero que poder ser de interese poñer en valor toda esta información e por iso decidin crear este blog, onde irei describindo os documentos e datos que atopei, os cales documentan feitos que ocorreron na nosa vila e que á fin e ao cabo son pasaxes da nosa historia e que fixeron que hoxe sexa Salceda como a coñecemos.

Os documentos están transcritos respectando a súa ortografía orixinal, a excepción das abreviaturas, para as cales me tomei a liberdade de transcribir as palabras enteiras co fin de facilitar a súa lectura. 

Para calquer cuestión podedes contactarme no seguinte mail: santamariadesalceda@gmail.com 

Marco Rivero

6 comentarios:

  1. Espectacular e interesantísimo traballo, noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Me ha parecido fascinante. Ojalá yo algún día me encuentre con documentos o historias de mis antepasados. Difícil, porque no fueron nobles, tan sólo labradores, y otros oficios, que en los documentos importantes aparecerán como jornaleros.

    ResponderEliminar
  3. Está moi ben, Marco. Felicidades polo excelente traballo. Nótase que aproveitas moi ben o tempo.
    O que non sabía que o Marqués de Mos foxe vizconde da Quinta de Pegullal.

    ResponderEliminar