jueves, 19 de marzo de 2020

Ano de 1539: A QUINTA DE PEGULLAL (Parte 8) O Pazo de PEGULLAL



A quinta de Pegullal ata fai un par de décadas conservaba a súa configuración inicial cunha extensión de aproximadamente 20 hectáreas e rodeada por un alto muro de pedra, hoxe ten a superficie ampliada. O acceso principal sitúase a través dun portal que se aliña coa porta central da casa, e presentaba unha longa corredoira cara a vivenda.




O portal está flanqueado por dúas torres cilíndricas de pedra con remates semiesféricos e coroados cunha cruz. Están unidas na parte superior cun arco de medio punto sobre o que se sustenta un escudo que recolle as armas da Casa, ata dez cuarteis todos eles circumpolares ao dos Correa que está no centro e sensiblemente mais grande que os demais.








Na primeira fila superior: Á esquerda as armas dos QUIRÓS: dúas chaves con tres roeles a cada lado e tres flores de lis, continúa no centro as armas dos SARMIENTO: os trece roeles en tres columnas, e á dereita as armas dos MENDOZA: unha banda en diagonal.



escudo pazo pegullal
Escudo do pazo de Pegullal


En segunda fila á esquerda as armas compostas dos QUIRÓS e SOUSA: representado por varios escudetes de tres flores de lis superpostos en diagonal, á dereita as armas dos SOUTOMAIOR: cinco liñas de xadreces.

En terceira fila, á esquerda unha antiga variación das armas dos MENDOZA: o escudo cuarteado en diagonal con tres bandas opostas en dous cuarteis e nos outros dous baleiros a inscrición AVE MARIA GRATIA PLENA. Á dereita as armas dos OZORES: Un león rampante atravesado por unha espada.

Na cuarta fila, á esquerda un león rampante coroado que representa aos SILVA, no centro unha aguia bicéfala, e á dereita o escudo dos ZUÑIGA: unha banda cruzada con bordura de cadea de ouro.

No centro preside a composición un escudo ovalado de tamaño superior que representa aos CORREA: unha aguia coas ás despregadas.

O escudo é similar aos que existen no pazo de Mos e no castelo de Soutomaior, pertencentes á mesma familia Correa desde o século XVIII, aínda que o de Pegullal por ser mais antigo e berce dos Correa é mais completo.



Escudo do pazo de Mos
Escudo do castelo de Soutomaior


Dentro da finca, nun lateral á esquerda situada nun nivel máis alto está a capela de San Bieito, á que hai que acceder a través dunhas gastadas escaleiras de pedra. 







No alto das escaleiras vixía o entorno un pluricentenario  “carballo de San Benito”, dándolle a benvida e sombra aos devotos visitantes que soben cara á capela. Un carballo que se mantén en pé sobre un enorme tronco de perímetro superior a seis metros a través do que sae dos laterais as novas ramas.




carballo de san benito pegullal
Óleo da Capela e Carballo de San Bieito de Pegullal. Autor: Cándido Vaqueiro

Todo o andar onde se sitúa a capela está suxeitado por un muro de pedra que continúa cara á casa. Hoxe o devandito muro está interrompido na metade por unhas escaleiras e unha fonte de nova factura.

A capela está dobremente brasonada. Recolle un escudo con emblemas dos Soutomaior, Sarmiento, Quirós e Mendoza, presidindo no centro os Correa, que está situado enriba da entrada principal, e tamén outro escudo exclusivo coa aguia dos Correa no muro exterior da ábsida.



Escudo da porta principal
Escudo da ábsida






















A continuación da capela, tamén no mesmo andar, e próximo ao muro que separa os dous niveis está vistosamente situado un longo canastro de madeira de 18 pes e 14 metros de longo, que dá sinais do potencial económico que tiña á casa para abastecerse de gran.
canastro horreo pazo pegullal

Na parte posterior ao canastro hai un corredor que finaliza nunha mina de auga corrente e un lavadoiro.

A casa é un edificio de dúas plantas en forma de U investida. A porta principal está situada no centro do corredor da planta alta, ao que se accede a través dunha dobre escalinata de pedra que discorre encima dun arco de medio punto que dá acceso á antiga adega.






No lateral esquerdo situábase antigamente unha fonte de auga que era alimentada a través dunha canalización subterránea feita con tubos de arxila.

A escaleira de estilo barroco ten pasamáns balaustrados en pedra, que se apoia en cada xiro en pequenas columnas rematadas por un adorno esférico, desembocando nun corredor igualmente balaustrado e sustentado en seis columnas con capiteis e basas labradas en pedra.

No centro do corredor sitúase a porta principal que estaba defendida a cada lado con senllas troneiras (aberturas feitas no muro que permitía disparar con arma de fogo desde dentro con protección xa que na parte interior era mais ancha e na parte exterior apenas tiña unha pequena saída). Esta porta principal está adornada na parte superior con tres escudetes; as armas dos Correa no centro, e nos laterais as dos Sarmiento e Mendoza. Esta porta daba acceso á unha grande dependencia que tiña á esquerda unha inmensa cociña.

Nos laterais do corredor había tamén sendas portas que permitían o acceso as outras dependencias de carácter máis privado.

Na parte baixa da casa situábase no habitáculo central un enorme lagar suxeitado nos robustos muros da casa, onde tamén se situaba a adega.

En construcións contiguas de planta baixa e terrenas estaban as dependencias secundarias: o forno, as cortes para os animais, etc.

Na parte leste da finca, case ao pé do río Caselas, vixiando o val no que se sitúa a igrexa parroquial hai un rochoso outeiro, onde no alto estaba situado un pombal circular feito en pedra. Aínda hoxe chámaselle a dito outeiro “o pombal” a pesar de que apenas quedan vestixios marcados na roca onde estivo edificado. Tamén existía un segundo pombal do que descoñezo a súa localización.


palomar pombal pazo pegullal
O Pombal

Na fachada posterior da casa, pódese distinguir a primeira fase da construción, que foi a central, e posteriormente foron engadidas os aleiros laterais. Ambos deberon ser construídos ou modificados en distintos momentos xa que o lateral esquerdo era mais alto que o dereito.

A primeira construción estímase feita na década de 1550, mentras que a última importante reconstrución-reforma feita pola familia Correa fíxose nos anos 1803 e 1804. Desde entón non houbo grandes inversións na casa, salvo as necesarias para a supervivencia do edificio e permitir unha mínima habitabilidade ata a década de 1950 onde deixou de ser habitada. E xa posteriormente nos anos 80-90 foi totalmente rehabilitada.

Nas fotografías que se conservan da década de 1920, obsérvase que está en estado de bastante abandono, incluso ten o tellado roto. Neses anos constrúese un alto muro que unía ambos cubos laterais, cerrando o patio interior e ocultando a escalinata.


Ano 1921





Ano 1922

Posteriormente o muro foi rebaixado, e retirado na actualidade para asemellarse á configuración inicial ao tempo que se fixo a rehabilitación integral da casa nos anos 1980-90.







Año 1949

Es un magnífico pazo que corresponde en planta, al tipo tradicional de cuerpo central con dos alas. Su escalera exterior de dos ramales es de gran efecto escenográfico. Lo antecede un gran espacio cercano ó primer patio al que se entra por una portada cerrada por arco de medio punto, entre dos cubos rematados por cupulines.

Entre ambos cubos, campea un rico escudo de armas. Un segundo patio delante de la escalera, limitado por dos cuerpos laterales, da paso a la vivienda y a las cuadras.
El murete que da lugar a este segundo patio, delante de la escalera, limitado por los dos cuerpos laterales de la casa fueron mandados construir en el siglo pasado por un administrador de la finca.

Ultimamente se ha dedicado a fines de producción solamente. Huerta con emparrados, emparrados y parelas con plantación de tabaco (13.000 plantas). Cerca de la casa hay un viejo ciprés, y en el primer patio un roble de 5,60 metros de perímetro. El horreo es de dieciocho tramos. En el primer patio hay un edificio para secadero del tabaco.

Fábricas: Muros de sillería en granito

Tejados, de teja.

Epoca: Siglos XVII y XVIII. Posiblemente sea del siglo XVIII ó muy poco anterior.
Cornisa: De cantería en doble volado.

Poseedores: Fué de los Marqueses de Mós. Hoy de D. Juan Martínez Albán.

Durán y Loriga 10-60. Museo de Pontevedra





No ano 1753 tiña a quinta de Pegullal aproximadamente 18 hectáreas de extensión, das cales estaban adicadas a viña 8 hras., a monte 4 hras., unha carballeira de 3 hras., e 1 hra. adicada a horta.

Descrición da quinta de Pegullal que consta no Catastro de Ensenada, ano de 1753:








Marqués de Mos, vecino de Tuy

1- Una casa de un de alto, al sitio de Pegullal, tiene de frente veinte y ocho varas y veinticuatro de fondo, linda por la derecha e izquierda, con el dueño y se regula su alquiler en ciento y diez y seis reales de vellón.
2- Otra terrena al sitio de Pegullal, tiene de frente cincuenta varas y cinco de fondo, linda por derecha e izquierda, con el dueño y se regula su alquiler en cuarenta y cuatro reales vellón.
3- Un palomar en figura circular que en ella hace veinte varas, poblado con doce pares de palomas y se regula su producto en doce reales vellón, al sitio de Pegullal.
4- Otro palomar al mismo sitio de Pegullal en figura circular que en ella hace dieciséis varas. Poblado con catorce pares de palomas y se regula el producto de ellas en catorce reales vellón.
5- Cinco ferrados de dehesa de robles de segunda calidad al sitio de Pedra, linda a todas partes murada (con muro).
6- Dos ferrados de dehesa de robles de primera calidad al sitio de Bouzas, murada.
7- Ocho ferrados de monte de segunda calidad, al sitio de Bouzas, murado.
8- Un ferrado de dehesa de robles de primera calidad al sitio de Bouzas, linda al Leste con Francisco Pereira, Poniente, Norte y Sur murado.
9- La sexta parte de un ferrado de dehesa de robles de tercera calidad al sitio de Altamira. Linda al Poniente y Norte con Juan Cabaleiro, Sur Manuel Ramirez, Leste murado.
10- Sesenta ferrados de viña de primera calidad, veinte de segunda y sesenta y cuatro de tercera al sitio de Pegullal, murado.
11- Tres ferrados de terrestral de primera calidad al sitio de Pegullal, murado.
12- Ocho ferrados de viña de primera calidad al sitio de Pegullal, murado.
13- Dos ferrados de hortaliza de primera calidad al sitio de Pegullal, murado.
14- Un ferrado de dehesa de sauces de segunda calidad al sitio de Pegullal, murado.
15- Catorce ferrados de monte de primera calidad, veinte de segunda y treinta y cinco de tercera al sitio de Pegullal, murado.
16- Diez ferrados de dehesa de robles de segunda calidad al sitio de Pegullal, murada.
17- Un ferrado de pinar de segunda calidad al sitio de Pegullal, murado
18- Dos ferrados de sembradura secano de segunda calidad al sitio de Pegullal, murado.
19- Ferrado y medio de monte de tercera calidad al sitio de Pegullal, murado
20- Ferrado y medio de terrestral de segunda calidad al sitio de Pegullal, murado
21- Veinte y cuatro ferrados de sembradura regadío de primera calidad al sitio de Pegullal, linda a todas partes con cerradura.
22- Cuatro ferrados y medio de sembradura regadío de primera calidad al sitio de Ponte, murado.
23- Cuatro ferrados de dehesa de robles de primera calidad y dos de segunda al sitio de Pegullal, linda al Leste y Norte el dueño, Poniente monte abierto y Sur Domingo do Porto.
24- Treinta ferrados de dehesa de robles de segunda calidad al sitio de Curuxeiras, linda al Leste el dueño, Poniente monte abierto, Norte camino real y Sur Domingo do Porto.
25- Veinte ferrados de sembradura regadío de primera calidad y diez de segunda al sitio de Besadas, linda al Sur Gregorio Gil, Leste, Poniente y Norte murado.
26- Dos ferrados de sembradura regadío de segunda calidad al sitio de Corredoura, linda al Norte Benito Rodríguez, Sur María Piñeiro, Leste y Poniente murado.
27- Tres ferrados de sembradura regadío de primera calidad y dos de segunda calidad al sitio de Corredoura, linda al Norte María Piñeiro, Leste, Poniente y Sur murado.

Paga por todas las partidas antecedentes y rentas que perciba en esta feligresía sietecientos reales vellón para misas y aceite a la capilla de N.S. Benito de esta feligresía: Al abad de ella dos ferrados de trigo, al obispo y cabildo de Tuy doce ferrados de lo mismo, tres ferrados y tres cuartos xorro de centeno con treinta y nueve ferrados de menudo.
Real de Legos Santa María de Salceda. Catastro de Ensenada. Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.





A quinta de Pegullal era un activo económico moi importante para os Correa, xa no ano 1782 era a cuarta casa propiedade do Marqués de Mos con renda mais elevada:



Ano de 1782
Resumen del producto líquido que en Reales de vellón, resulta de las diez Casas y Partidos que demuestran con toda distincion los que anteceden; y asimismo los Patronatos, y Jurisdicion y regalias de las Casas.
Tiene el Patronato de veinte y quatro Beneficios Curados; el de quinze Beneficios simples, y Capellanias:
Y es Dueño de veinte y nuebe Jurisdiciones y Cotos, en que nombra Juezes y Escribanos; y goza otras regalias que se yndividualizan el los Planos y articulares.

Casas y Partidos
Reales de Vellón
Casa de Oseiro
74.877,11
Casa de Mos
59.412,17
Casa de Mezquita
48.249,00
Casa de Pegullal
46.500,00
Casa de San Bernardo
44.543,20
Casa de Villarze
30.909,24
Casa de Bregondo
24.495,01
Casa de Villar de Cierbos
24.024,13
Casa de Petin
18.585,00
Casa de Plasencia
11.478,00
Producto General
383.072,18


Casa y Partido del Pegullal.
Tiene la Regalía de no conocer la Justicia Ordinaria de S. María de Salceda, (en cuio territorio está la Casa y Granxa del Pegullal) dentro de su término, por ser privactibo del Poseedor. Es Patrono de la Capilla titular de S. Benito, que está en el termino de dicha Granja.
-Ferrados de Trigo: 1400
-Ferrados de Centeno: 1306
-Ferrados de Maiz: 406
-Ferrados de Menudo: 488
-Gallinas: 113

Dinero Efectivo: 13.342 Reales de Vellon
-Importa el trigo, zenteno, maiz, menudo, gallinas y vino, que se coje en la Granja de esta casa: 36520 Reales de vellón

-Se recoje porcion de azeite, porque además de quatro arrobas con que se quedaba para el gasto de la Casa, hace expresion de aver remitido el restante a la de Mos; y por lo mismo no se saca mas que el producto de las quatro arrobas que es el de 200 Reales vellón.

No se expresa el valor de la dilatada Huerta, Prados, y frutas que ay en aquella casa.

Total 50.062 Reales vellón.

-Las pensiones de esta Casa, con ynclusion de ciento y cinquenta ducados, que se pagan de Lanzas, por el Titulo de Vizconde de Pegullal, importan cada año: 3562 Reales

Queda Líquido: 46.500 Reales


Quenta que yo Pedro Farrapeira administrador del Exmo Sr. Marqués y Sr. de Mos en su Casa de Pegullal doy a S.E. de los frutos y mas rentas correspondientes al año de mil y ochocientos en que se incluien los gato de 1801 la que vajo los puntos de cargo y data, es en la manera siguiente:
Resumen ingresos:
369,33 ferrados de trigo
274,33 ferrados de centeno
121,75 ferrados de maiz
284,75 ferrados de menudo
35 gallinas
2 carneros
8 pipas y 5 calabazos de vino
448 quartillos de aceite
30.175,22 reales de vellón en rentas




Vexamos en que gastaron os cuartos:




Data de Dinero:

Primeramente doy en data quatrocientos y tres reales y dos maravedies imbertidos en los Jornales de la recolecion de la aceituna, sal para salarla, carreteros que la llevaron y trageron del Molino, y mas propios necesarios para dicho fin.

Ytem de veinte y ocho reales invertidos en una cerradura, y cerrojo grande con sus anillas y clavos, y una clabija para la puerta de la Bodega.

Asimismo de dos mil y quarenta y quatro reales imbertidos en los gastos de los Jornales de poda, arroa, y composicion de las viñas de mil y ochocientos y uno incluso dos ferrados de sal segun relacion.

Ytem de veinte y seis reales para vajar las varas de las Parras.

Ytem de nuevecientos ochenta y seis reales y veinte y seis maravedies consumidos en los Jornales de la caba de mayo de 1801 incluso un ferrado de sal.

Ytem de veinte reales de quatro dias a un arquero.

Ytem veinte y dos reales y veinte y ocho maravedies por la misa de San Benito de Julio de 1801 incluso un panecillo para la parva de los Sacerdotes que la oficiaron.

Ytem de ocho reales y medio de media libra de cera para el Santo.

Ytem doce reales al Gaitero que tocó en dicho dia.

Ytem de quarenta y seis reales y diez y seis maravedies invertidos en la comida y jornales de los que vendieron el vino y juntaron la limosna en dichos dias de San Benito de 1801.

Ytem de catorce reales y ocho maravedies de una bara y tercio de lienzo para componer una Alba de la Capilla.

Ytem cinco reales de dos libras de Brea para la fustalla.

Ytem de ciento treinta y dos reales de seis tablas de Castaño a 22 reales cada una para una puerta de la Bodega.

Ytem de quatro reales y veinte y quatro maravedies para el despacho de Deudores.

Ytem veinte reales para una cuerda para el Relox.

Ytem dos reales a un propio de Mos.

Ytem de mil y setenta y ocho reales invertidos en los Jornales de la caba de Santos de 1801 incluiendo un ferrado de sal.

Ytem de ciento noventa y nuebe reales y veinte maravedies consumidos en los jornales de la vendimia de 1801 según relación.

Ytem treinta y ocho reales de Bisagras, Golfones y Clavos para una puerta y ventanas.

Ytem de veinte y seis reales a seis Sacerdotes que oficiaron la misa de San Benito de Marzo de 1801 incluso un panecillo para la parva de ellos.

Ytem doce reales al Gaitero que tocó en dicho dia.

Ytem veinte y siete reales de Jornales; y mas gastos del que vendió el Bino, junto la limosna, y otros en dicho dia de San Benito de Marzo de 1801.

Ytem de sietecientos sesenta y un reales y veinte y dos maravedies vellon de diez y seis recibos que aboné por la contribucion extraordinaria de (mil setecientos) noventa y ocho los que entrego al Sr. Abad de Torroso.

Ytem sesenta reales de dos ferrados de trigo y una gallina a la Abadia de Salzeda según recibo.

Ytem ciento cinquenta y seis reales de la misa semanaria correspondiente al plazo vencido en Marzo de 1801.

Ytem trescientos reales a la aldea de Salzeda por los tributos reales de 1801.

Ytem ciento y tres reales y doce maravedies de la pension que se paga a la Mitra de Tuy segun recibo.

Ytem de ciento, cinquenta y quatro reales que S.E. abona para la soldada de una criada.
Ytem ocho reales a dos hombres a lavar fustes y lagares.

Ytem veinte reales a cinco carpinteros.

Asimismo de ocho mil doscientos y veinte reales vellon que entregué al Mayordomo de S.E. en la casa de Mos en tres partidas según recibos.

Del mismo modo de trece mil ochocientos veinte y seis reales y seis maravedies vellon que entregué al Abad de Torroso como apoderado de S.E.

Finalmente doy en data mil trescientos setenta y ocho reales doce maravedies vellon que entregué al señor Abad de Torroso juntamente con las quentas aquí referidas como Apoderado de S.E.






A casa de Pegullal, demandaba temporalmente xornaleiros para as tarefas agrícolas do cultivo do viño e en menor medida de oliva, sendo o xornal unha complementaria fonte de ingresos para algúns veciños de Salceda.

Facíase dúas cavaduras cada ano na viña, unha no mes de Maio e outra en “Santos” no mes de novembro. Intensiva en xornais tamén eran as podas e atados da viña, tamén se empregaban moitos xornais na vendima (nese caso eran contratadas mulleres e nenos). As oliveiras necesitaban unha limpeza na primavera.

Outros oficios especializados tamén eran demandados, como os cesteiros, ferreiros, carpinteiros, carreteiros, etc. Móstrase detalle de algúns gastos significativos correspondentes ao ano 1803:






Cien reales ymbertidos en veinte jornales de carpintero para componer la fustalla, al precio de cinco reales cada uno.

Trescientos quarenta y dos reales ymbertidos en ciento cinquenta y tres mugeres y muchachos para las tres cortas que se le dieron a los alechos o fento de la Granxa que a dos reales y quarto cada uno.

Ciento y dos reales ymbertidos en cinquenta y un hombres de jornal para carretar la uba y andar en el Lagar cosecha de mil ochocientos tres, al precio de dos reales cada uno.

Ciento catorce reales ymbertidos en ciento catorce mugeres y muchachos para bindimiar en dicha cosecha, al precio de real cada uno de jornal.

Asimismo doy en data setecientos setenta y nuebe reales y ocho maravedies ymporte de los jornales de la caba de Santos de mil ocho cientos tres que doscientos diez y seis hombres a tres reales cada uno.

Ytem treinta y tres muchachos a tres reales menos quarto de jornal cada uno.

Ytem diez y seis muchachos a dos reales y medio de jornal cada uno.

Veinte hombres ymbertidos en cabar el alcal de afuera que a tres reales de jornal cada uno ymportan sesenta reales.

Diez hombres ymbertidos en abrir una zanja alrededor del bosque a fin de detener las aguas de la Granxa que a tres reales de jornal cada uno ymportan treinta reales.

Ciento nobenta y cinco reales por quinze carros que condujeron la aceituna al Molino de Atín cada uno a trece reales.

Ciento quarenta ymbertidos en Veinte y ocho jornales de cesteros y arqueros que hicieron los arcos para la fustalla y los cestos para carrear la uba, a cinco reales cada uno.

Mil seycientos treynta reales y diez maravedies ynvertidos en quatrocientos nobenta y dos hombres a tres reales cada uno y cinquenta y seis muchachos a dos reales y medio incluso un ferrado y medio de sal para los caldos de estos jornaleros que se ocuparon en la poda composicionar la viña y echar pozos en el año mil ochocientos cinco.

Sietecientos ochenta y ocho reales y diez y ocho maravedies de Jornal de doscientos treynta y tres hombres a tres reales cada uno y treinta y dos muchachos a dos reales y medio.




Sendo propietario Benito Correa, nos anos 1803 e 1804 ordenou unha importante rehabilitación da Casa de Pegullal:




Doy en data sesenta reales ymbertidos en doce dias de jornal de dos canteros para componer la calzada que sostiene el agua en la entrada para la Granxa, a cinco reales el dia, ymportan sesenta reales.

Dato veinte y un reales de seis dias de un peon para la misma calzada que a tres reales y medio cada dia.

Cinquenta y dos reales por quatro dias a un carretero para carretar la piedra y tierra para dicha calzada.

Seiscientos sesenta y siete reales a Juan Francisco Alonso maestro serrador segun ajuste que se hizo con el para cortar y serrar toda la madera con que se reedificaron los techos de la casa según consta en el recibo nº 32.

Ytem un mil seiscientos y veinte y ocho reales ymbertidos en doscientos catorce carpinteros y veinte y seis peones que los dichos carpinteros al precio de siete reales de jornal cada uno y los peones a cinco reales ymportan la cantidad dicha según consta de recibo del Maestro nº 33.

Ciento quarenta y cinco reales de dos mil y nuebecientos clabos a cinco reales el ciento.

Dos cientos doce reales de cinco mil y tres cientos clabos a quatro reales el ciento.
Cinquenta y seis reales de trescientos y medio de clabos garrotes, a diez y seis reales el ciento.

Seiscientos quarenta reales al Maestro Albañil por retejar todas las casas según ajuste que se hizo y consta del recibo nº 34

Quatrocientos veinte reales ymporte de tres barricas y media de cal, a ciento veinte reales cada una.

Veinte y seis reales a dos carros que condujeron dicha barricas aqui a trece reales cada uno.

Veinte y seis reales de dos dias a un carretero para echar las maderas del bosque a tres el dia.

Ytem veinte y seis reales por dos dias a un carretero para echar arena y sabrajo para la mezcla de la cal.

Quarenta y dos reales de jornales de seis canteros para componer un lagar que estaba arruinado de las brigeras, a siete reales el dia.

Ochenta y un real al Maestro Albañil y sus oficiales por retejar la cozina y otros remiendos de cal según consta del recibo del nº 31.

Veinte y seis reales al Sr dicho Maestro por echar la cal a los lajares segun consta del recibo nº 22.

Cinco ferrados de sal gastados en los caldos de las labores de la casa para de las bindimias y composicion de los techos de la casa, su precio de cada ferrado nuebe reales diez y ocho maravedies.

Tres cientos sesenta reales que compre de tablado de castaño para ayuda de hacer las Bentanas de la casa.

Tres cientos quarenta y quatro reales y medio de veinte y seis moyos y medio de teja al precio de trece reales cada uno, puesto aqui en la casa.

Quarenta y nuebe reales y catorce maravedies ymporte de un moyo de teja de Marca mayor con su carreto.

Trescientos quarenta y tres reales ymbertidos en quarenta y nuebe carpinteros a siete reales cada uno que se ocuparon en componer el tinglado de la Capilla.

Quarenta y ocho reales ymporte de nuebecientos clabos a cinco reales cada ciento y medio ciento de garrotes que ymporto ocho reales para dicha obra.

Quinientos sesenta y ocho reales gastados con ochenta y quatro carpinteros al mismo jornal que se ocuparon el acer de nuebo el piso y dibision, rectificar la puerta de la entrada del quarto donde abito, en agosto de ochocientos cinco.

Ciento veynte y dos reales coste de mil y quinientos clabos a seys reales cada ciento y doscientos garrotes a diez y seys reales cada ciento.

Ytem quarenta reales ymporte de dos zerraduras y un pasador para las puertas a dicho quarto.





Producción de Olivas en Pegullal:

As oliveiras que houbo en Pegullal datan dun breve período entre finais do século XVIII ata primeiros do XIX, xa que non consta no Catastro de Ensenada no ano 1753 ningunha prantación de oliveiras nin censo de froitos de olivas, tampouco consta nesa data ningún muíño de aceite en Atín, onde se levaban a moer as olivas.

De diversas contas que os administradores de Pegullal rendían ao Marqués, datan que produciron no ano 1802 un total de 371 ferrados e medio de oliva, e no ano 1805 recolléronse 303 ferrados. Unha vez feita a recollida da oliva, non continuaba o proceso de elaboración do aceite en Pegullal, xa que o froito era vendido e transportado ao muíño de Atín, para ser prensada, e despois volvía a Pegullal unha parte do aceite para a venda e consumo da casa.



Ano de 1782
Resulta por las Cuentas del Maiordomo, que en aquel granjeo se coje porcion de azeite, porque ademas de quatro arrobas con que se quedaba para el gasto de aquella Casa, hace expresion de aver remitido el restante a la de Mos.





Data da colleita do ano 1800

Hagome cargo de quatrocientos quarenta y ocho quartillos de Aceite cosecha del año de ochocientos.

Doy en data trescientos noventa y siete y medio que vendido cada quartillo en quatro reales importan mil quinientos noventa reales vellon de los que me hare cargo en el del dinero.

Asimismo de cinquenta quartillos y medio consumidos en las labores de poda, arxoa, composicion de biñas, en las dos cabas de mayo y santos, vendimia, luz de los jornaleros y juntamente de mermas y borras.





Ano 1802

Me hago cargo de ciento quarenta y quatro quartillos de aceite que he recibido del Mayordomo de Mos de los quales cinquenta y nuebe quartillos se han gastado en labores de casa segun por menor se expresara que dan liquidos ochenta y cinco quartillos que bendidos el quartillo a quatro reales ynportan trescientos y quarenta reales






Colleita do ano 1803

Quinientos veinte y quatro reales y diez y seis maravedies ynbertidos en la recoleccion de la Aceituna de trescientos setenta y un ferrados y medio cosecha de ochocientos tres, que a doce quartos cada ferrado ymportan 524,16

Cinquenta y siete reales y dos maravedies de seis ferrados de sal con que se salo dicha Aceituna, su precio de cada uno nuebe reales y diez y ocho maravedies.

Ciento nobenta y cinco reales por quinze carros que la condujeron al Molino de Atín cada uno a trece reales ynportan 195

Ytem quatro reales por conducir dos barriles al Molino de Atin

Ytem trece reales de un carro que fue Atín a buscar veinte calabazos menos tres quartillos de Aceite y trajo para aqui.




Colleita do ano 1805
Quatrocientos veynte y siete reales y veynte y seys maravedies ymporte de la recolezion de trescientos y tres ferrados de azeytuna, cosecha de mil ochocientos cinco.
Ytem quarenta y siete reales y veynte y dos maravedies ynporte de cinco ferrados de sal para salar dicha azeytuna.
Ciento ochenta y dos reales salario de catorze carros que condujeron dicha azeytuna al molino de Atin y trajeron el azeyte.

Nota: Es la que el Sr. Expiñeyra manda en la aprovazion de la quenta de 1803 que satisfaga en esta de 1804 la diferencia que ay de 144 quartillos de azeyte en que me carge en la quenta de 1802, a la data que el mayordomo de Mos pone en su quenta del mismo año aberseme entregado a mi 149 quartillos; a esto digo que se digne de tener que el quartillo de Mos es mas corto que el de Pegullal; y esta duda se quita porque el calavazo de Mos es ygual con el del Pegullal, y el de Mos se compone de treynta quartillos y el del Pegullal de veynte y ocho, y los dos quartillos que lleba de esceso el de Mos, los lleban entre todos los quartillos de que se compone el del Pegullal de esceso al quartillo de Mos, por seren los calabazos yguales.
Mas como el azeyte es un genero que se pega a las manos y penetra el yerro, uno en la basija que lo trajo aqui y otro que suele reberterse por los caminos, todo es merma pues yo me pare que solo debo cargarme midiendolo al echar en la tinas y por la misma medida que lo beneficio, pues asi se executo que lo ha medido el mismo carretero que lo ha traydo y no salio mas que los 144 quartillos.
León Pedro Lameyro.




No ano 1814 nunha carta dirixida ao administrador Pedro Lameiro dáse relación da tarefas que debe realizar na casa e hortas durante o inverno, e na mesma dáselle orde de arrincar as oliveiras infectadas que son moitas, e substituílas por viña.

No ano 1847 xa non consta ningunha referencia relativa á produción de oliva nin aceite en Pegullal. Tampouco consta ningún dato de produción das oliveiras en todo o municipio de Salceda no censo de Madoz de 1840.

Evolución das contas anuais da casa de Pegullal no século XVIII-XIX:
Ano
1781
1782
1811
1814
1832
1847
1891
Ingresos
44.000
46.500
34.826,40
34.088,23
19.975,07
27.009,20
16.664,49
Pagos


36.022,11
34.088,23
18.831,24
20.755,54
14.096,21

Detalle dos epígrafes do ano 1847:

Renta foral:                     21.338,32
Arriendos en dinero:              2.386
Productos de la Granja:    1.955,26
Limosna en la Capilla:         728,30
Total importa      27.009,20



Entregas al apoderado general del Marqués: 15.076,80
Pensiones y Contribuciones:                             3.318,57
Cultivo de viñedo y cereales:                            1.728,24
Gastos Capilla:                                                     472,20
Gastos de administración:                                         160
Total importa:                                      20.755,54


Detalle de epígrafes para o ano 1892:
Contribuciones:                                          1.445,74
Obras y repartos:                                          161,15
Gastos cultivos:                                          1.878,30
Haberes a los dependientes:                         721,02
Compra ganados:                                               515
Haber periodo 1/7/1891 a 30/6/1892:                 375
Total importa:                                  5.096,21





No hay comentarios:

Publicar un comentario