miércoles, 29 de julio de 2020

Ano de 2019. Recortes da Historia de Salceda de Caselas

RECORTES DA HISTORIA DE SALCEDA DE CASELAS é un libro có que se pretende descubrir un pasado desta vila que en moitos casos era descoñecido ata agora.

Non se trata dunha sucesión de feitos e datas. Enfocado a partir das persoas protagonistas de cada suceso, trátase de poñer en valor os textos que documentan varias pasaxes da nosa historia, para a través deles extraer o lado mais humano e persoal da xente, para tentar poñer ao lector no lugar dos nosos antepasados, e comprender como eran, como vivían, a súa mentalidade, e cales eran os seus problemas e as súas inquedanzas, e sobre todo coñecer a idiosincracia dos veciños desta vila, o seu bravío, valentía, afouteza e indocilidade que mantiveron durante séculos.

Marco Rivero Valcárcel




Dimensións do libro: 16 x 23 cm. 480 páxinas
Categoría: Historia
ISBN: 978-84-09-11856-4
Depósito Legal: VG 296-2019

Edita: Concello de Salceda de Caselas
© Marco Antonio Rivero Valcárcel