Fai un par de anos, caeron na miña man uns cuantos vellos documentos
manuscritos de compravendas de propiedades e tamén algún
testamento de antigos familiares apenas ilexibles para a miña
inexperta capacidade lectora, pero a curiosidade tivo en min
suficiente entidade para que a base de relelos unha e outra vez,
conseguise aprender a descifralos e interpetalos. Dende entón,
espertou en min unha nova afección ou quizais obsesión onde
empregar o escaso tempo libre, de “coleccionar vellos papeles
manuscritos”. Mergullando en cuantos arquivos históricos tiven
oportunidade, encontrei moitísima documentación relacionada coa
nosa vila de Salceda.
Debido a que sobre a nosa vila apenas existe historia escrita,
considero que poder ser de interese poñer en valor toda esta
información e por iso decidin crear este blog, onde irei describindo
os documentos e datos que atopei, os cales documentan feitos que
ocorreron na nosa vila e que á fin e ao cabo son pasaxes da nosa
historia e que fixeron que hoxe sexa Salceda como a coñecemos.
Os documentos están transcritos respectando a súa ortografía
orixinal, a excepción das abreviaturas, para as cales me tomei a
liberdade de transcribir as palabras enteiras co fin de facilitar a
súa lectura.
Para calquer cuestión podedes contactarme no seguinte mail:
santamariadesalceda@gmail.com
Marco Rivero
gran traballo, Marco
ResponderEliminarGrazas, irei engadindo cousiñas aos poucos.
EliminarEspectacular e interesantísimo traballo, noraboa!
ResponderEliminarParabens, Marco.
ResponderEliminarMe ha parecido fascinante. Ojalá yo algún día me encuentre con documentos o historias de mis antepasados. Difícil, porque no fueron nobles, tan sólo labradores, y otros oficios, que en los documentos importantes aparecerán como jornaleros.
ResponderEliminarEstá moi ben, Marco. Felicidades polo excelente traballo. Nótase que aproveitas moi ben o tempo.
ResponderEliminarO que non sabía que o Marqués de Mos foxe vizconde da Quinta de Pegullal.
Mencionas ao escribano Simón Alvarez en varias ocasións. Onde se custodian os seus protocolos notariais?
ResponderEliminarOla, descoñezo se aínda existen os protocolos de Simón Alvarez, a última noticia que teño deles está citada no testamento de Juan Francisco Pedrero veciño de Salceda, datado no ano 1842, onde dí "dejo a mi yerno don Francisco Antonio Alonso los papeles y protocolos de mi oficio de notario y los del finado don Simón Alvarez y los de mi difunto padre el escribano don Francisco Antonio Pedrero ..." . Dito Francisco Antonio Alonso vivíu no lugar do Castro/Carballida no barrio do Barreiro en Santa María de Salceda.
Eliminar