Por
suxerencia de varios de vos, seguidores do blog, promovo este
chamamento para intentar localizar e recuperar os tres elementos
representativos do antigo pasado da nosa vila, que probablemente estén irrecuperaveis, pero como a esperanza é o último que se perde, quizáis algún deles todavía existe, e está
nalgunha casa desta vila esquenzido, sen que os seus donos sepan que
significan e o seu valor histórico. Por iso invítovos a botar unha
ollada nas antigas casas dos vosos familiares por si acaso ...
Mirade
nos faiados, pinchos, adegas, calquer sitio das casas dos vosos pais
ou avós, ou quizáis nunha esquina, onde pode haber un vello
arcón de madeira con tres pechaduras, un extraño bastón,
ou no xardín, unha mesa de pedra que ten un só pé labrado, tamén de pedra, e que preguntando sobre a súa orixen, quizáis
podades averiguar que non leva colocada mais de 15 anos nese sitio, e
que poidese provir do torreiro da festa da Concepción.
Arca
de tres pechaduras:
Esta
foto non é da nosa arca. Púxena para darvos unha pista de como pode
ser.
A foto trátase da arca dunha Cofraría de Benavente, que podría
ser similar á de Salceda.
Os
documentos importantes da vila, como o documento de privilexio
real da venta aos veciños, estaban custodiados nunha arca con
tres pechaduras de tres chaves distintas. As tres chaves estaban
en mans de tres persoas distintas, desta forma só se podía abrir
estando de acordo as tres personas coas súas respectivas chaves.
Ningúen podía abríla individualmente, este sistema era para evitar
o acceso individualizado aos documentos, garantizando a integridade e
seguridade dos mesmos.
A
súa existencia consta en varios documentos:
... tienen su privilegio y cédula Real, en la Arca de Concejo de este coto, por lo que no pagan sus vecinos vasallaje ni derecho alguno y respondieron. (Libro de Interrogatorio do Catastro de Ensenada. Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra)
2º.
Que tengan Arca de tres llabes para Recoger
privilegios, Reales hordenes Y más papeles de dicha Villa. (Auto
de buen gobierno del año de 1733 de Santa María de Salceda. Archivo
Diocesano de Tui)
Vara
de impartir xustiza:
A
posesión do báculo ou bastón era o símbolo de distinción que o
xuez tiña respecto ao mando ou poder que posuía para impartir a
xustiza. Cando entornaba a vara facíao en nome do Rei, era o símbolo
de delegación que tiña, e era sempre utilizada no momento de dictar
sentencias, impartir xustiza ou incluso para impoñer orden e esixir
obediencia.
Esta
vara da foto non é a da nosa vila. Púxena para darvos unha pista de
como pode ser.
En
varios documentos se menciona a existencia e utilización da citada
vara:
...le entregueys luego las varas della que teneys para que le use y exerça la jurisdicion por los alcaldes ordinarios y otra justicias y personas y segun y de la manera que agora se usa y exerce por las puestas y nombradas por el dicho ovispo y dignidad (documento de dismenbración das feligresías de Santa María de Salceda, San Xurxo, etc)
En la villa de Santa Maria
de Salzeda al dia mes y año atras dichos por ante mi escribano de su
majestad, dicho lizenciado Dn Joseph Gill Carballido, juez ordinario
desta dicha villa (…) y su merced dicho juez se
fue acercando para acia las escalas de dicho corredor llevando
su vara alta de justicia en las manos
… (
Arquivo
Histórico Nacional. ES.28079.AHN/1.1.4.3.1 Consejos,35062, Exp.2.)
Mesa
de pedra:
Trátase dunha
mesa de pedra, dun só pé, que estaba sita no adro da Igrexa de
Salceda, nela celebrábanse as Asembleas veciñais.
Non
dispoño de ningunha foto, pero si algún de vos tedes algunha,
invítovos a enviarma e así colgala neste blog. Dita histórica mesa
de pedra, permaneceu intocable no adro da Igrexa varios séculos, ata que no século pasado foi trasladada a un lateral do torreiro da
festa onde permaneceu ata fai poucos anos e de alí desapareceu.
A súa
existencia consta documentada en varias actas de asembleas:
Nunha acta do ano 1781 pódese leer:
“ ... Conbocados que
fueron a este fin la maior y más Sana parte de los Vezinos,
Moradores y naturales de esta misma Villa, en el Atrio de la Yglesia
de ella, a Una Voz eligieron ...”
Noutra
acta do ano 1794 dí:
“.. así Juntos y
congregados según Costumbre Ynmemorial y sentados a la Mesa de
Piedra que para Yguales Actos se halla en el Citado Atrio ...”
Se queredes aportar algunha suxerencia ou algún dato podedes facelo a través dun comentario ou no email seguinte: santamariadesalceda@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario