Todos sabemos que a
raiña Aragonta fundou o mosterio de Santa María de Saliceta cando foi repudiada
polo seu marido o rei Ordoño II no ano 923, para recluirse nel. Pero, ¿quenes
eran Aragonta e Ordoño, que pasou e por qué elexiu retirarse a Salceda?
Comenzemos con un
pouco de historia ...
O reino unificado
de España, tal como o coñecemos hoxe, parte dende a época do reinado dos Reis
Católicos, ata entón a Península Ibérica estaba dividida en diversos reinos
independentes que foron variando ao longo do tempo.
Alfonso III de Asturias |
Alfonso
III de Asturias, chamado o
Magno, naceu no ano 852, era fillo de Ordoño I e da súa esposa, a raíña Nuña.
Foi rei de Asturias dende o ano 866 ata o ano 910. Alfonso III foi o último rei
asturiano, e o primeiro do novo reino de León.
No
seu reinado levou a cabo unha forte actividade repoboadora, establecendo a
fronteira sur do seu reino no río Douro. Loitou enérxicamente contra os
musulmáns, aos que derrotou en Polvoraria.
Casouse
con Jimena Garcés de Asturias, quen era filla de García Íñiguez rei de Navarra,
e irmá do tamén rei de Navarra Fortún Garcés. A voda celebrouse no ano 873.
Nos
últimos anos de reinado, o seu primoxénito chamado García derrocou ao seu pai
coa axuda dos seus irmáns. Alfonso III abdicou, aínda que conservou o título
real, e morreu en Zamora o 20 de decembro do ano 910, ao regresar dunha
incursión en territorio musulmán por terras de Mérida.
Dende
ese momento, o extenso Reino de Asturias trasladou a capital dende Oviedo a
León e comezou a chamarse Reino de León.
Os
restos de Alfonso e a súa dona Jimena foron sepultados inicialmente na catedral
de Astorga, pero no ano 986, foron trasladados á catedral de Oviedo, para
evitar que fosen profanados polas tropas musulmáns dirixidas por Almanzor, que
nese momento avanzaban cara o reino de León.
Froito
do seu matrimonio con Jimena de Asturias naceron oito fillos:
- García I de León, rei de León,
- Ordoño
II, rei de Galicia e posteriormente de León.
- Gonzalo, foi arcediago da Catedral de
Oviedo,
- Fruela II de León, rei de Asturias e
posteriormente de León,
- Ramiro,
- Sancha e outras dúas fillas das que se
descoñece o nome.
Interésanos
continuar coa semblanza do seu fillo Ordoño:
Ordoño II de León naceu no ano 871
en Zamora, era fillo de Alfonso III e de Jimena. Foi rei de Galicia, e tamén foi
rei de León dende o ano 914 ata a súa morte.
Ordoño II de León |
No ano 897 seu
pai nomeouno gobernador de Galicia, e no ano 914 foi coroado rei de León. O seu
reinado supuxo o tránsito do reino de Asturias ao reino de León coa sede rexia
xa establecida definitivamente na cidade de León.
No ano 909 Ordoño
e os seus irmáns reveláronse contra o seu pai, e un ano despois Alfonso III foi
obrigado a abdicar polos seus fillos e a repartir o seu reino. O reino de León
correspondeu a García, a Fruela correspondeulle o reino de Asturias, e a Ordoño
o reino de Galicia, establecendo a súa corte na cidade de Tui, que era entón unha das cidades mais
importantes de Galicia.
Tui xa fora corte real na época da monarquía
sueva en Galicia, tamén no reinado visigodo de Witiza no século VII. De feito
unha parroquia de vila chámase Pazos de Reis, por ser o lugar onde tiñan os castelos
ou pazos os antigos reis. Tamen foi cuna de reis segundo fray Prudencio de
Sandoval, bispo que foi de esa diócesis, quen di que en Tui criouse Ordoño
desde mui neno, e que a Tui, tamén enviaban os Reis a os seus fillos a criar.
Ordoño casouse en
primeiras núpcias coa tudense Elvira Menéndez, filla do conde de Tui,
Hermenegildo Gutiérrez e de Ermesenda Gatónez. O conde Hermenegildo, un dos
mais destacados membros da nobreza galaica, foi un leal colaborador do rei
Alfonso III, participando nas operacións militares da reconquista,
reconquistando Coimbra e Oporto. A súa muller Ermesenda era filla do conde de
Astorga Gatón do Bierzo.
Un fillo deles
foi tamén o conde Gutierre Menéndez quen casou con Ilduara Eriz, filla do conde
Ero Fernández e Adosinda de Monterroso, quenes foron pais de San Rosendo.
Froito do
matrimonio de Ordoño e Elvira naceron cinco fillos, tres deles foron reis:
- Sancho Ordóñez,
rei de Galicia,
- Alfonso IV de
León, rei de León,
- Ramiro II de
León, rei tamén de León,
- Jimena Ordóñez,
- García.
No ano 913 Ordoño
II iniciou unha expedición militar contra os musulmáns na cidade de Évora,
obtendo unha importante vitoria, cun exército de trinta mil homes, nun só día
desbaratou a resistencia da cidade. Segundo se menciona na Crónica Anónima de
al-Nasir, Non había memoria en al-Andalus
dun desastre do Islam, por parte do inimigo, máis afrentoso e terrible que este.
Despois da morte
sen descendencia do seu irmán García no ano 914, Ordoño II herdou o reino de
León.
No verán do ano
916, atacou as proximidades da cidade de Mérida, e tamén devastou e saqueou os
territorios que quedaran indemnes na expedición a Évora tres anos antes.
O emir cordobés,
Abderramán III, en vinganza da vitoria cristián reuniu un inmenso exército que
saíu de Córdoba o día 2 de agosto do ano 917. Estando o exército musulmán de
campamento en Castromoros foi atacado de improviso polo rei Ordoño II e as súas
tropas. A batalla de Castromoros é un dos importantes fitos da historia
medieval española, as crónicas cristiás da época relatan que os leoneses
causaron tantas baixas aos seus inimigos que o número dos seus cadáveres
excedía do cómputo dos astros, e o exército musulmán derrotado, regresou a
Córdoba -onde tiña a capital do Califato- o 4 de setembro.
No ano 918
aliados entre si Ordoño II e Sancho Garcés, rei de Navarra, recuperaron
Valtierra, Arnedo e Calahorra. Abderramán III contraatacou chegando ata terras
de Mutonia onde foron derrotados os exércitos navarros e leoneses, retornando
con abundante botín e prisioneiros.
Na batalla de
Valdejunquera, librada no ano 920, o emir cordobés derrotou novamente ao menguado
exército leonés e navarro, arrasando as terras próximas a elas.
A finais do ano
921, Ordoño regresou a León, e o gozo da sua fazaña tornouse en dolo e
amargura, ao atoparse con que a sua esposa dona Elvira, á que amaba moito,
morrera.
Ainda
que o dolor de Ordoño era grande, no se descuidou en buscar nova esposa, e tal
vez en recordo de doña Elvira, foi tamén a elexir a sua nova muller entre as
damas galegas de notoria nobleza e da mesma familia. E casou no ano 922 con
Aragonta González.
Aragonta González, era filla do
conde Gonzalo Betótez e da condesa Teresa Eriz, sendo estos señores dos mais
ilustres de Galicia, ambos fundadores dos monasteiros de Carboeiro e Camanzo. A
súa nai, Teresa Eriz era á vez filla do, xa citado, conde Ero Fernández. Sendo
Aragonta parente da súa antecesora Elvira, xa que a súa tía, Ildeara Eriz
casara con Gutierrez Menendez, quen fora irmán de Elvira Méndez. É moi probable
que Aragonta fose oriúnda tamén de Tui, ou ao menos criada en Tui.
Desta forma pasou
Aragonta, que había de ser bastante mais nova que él, a compartir co rei Ordoño II a gloria e o esplendor
do trono leonés, pero pouco durou a felicidade, en menos dun ano, Aragonta foi
repudiada polo seu esposo.
Sobre o motivo do
repudio, o que din os antigos historiadores pode resumirse nas palabras de
Sampiro que menciona no seu Cronicon:
“Aliam quoque duxit uxorem ex partibus Galleciae, nomine Aragontam, quae postea fuit ad so spreta, quia non fuit illi placita, et postea tenuit iude confessionem dignan”, que ven a dicir algo así como:
(Outra esposa
tamén tivo da rexión de Galicia, de nome Aragonta, que mais tarde a despreciou,
porque no era do seu agrado, e mais tarde fixo confesión de penitencia)
Os historiadores
non explican satisfactoriamente as causas do desafecto do rei Ordoño hacia
Aragonta. Según Sampiro o motivo da separación foi por non gustarlle aquela
muller, según o Arzobispo de Toledo e tamén historiador, Don Rodrigo, foi por sospeitas que o rei tivo de Aragonta.
Ainda así parece que ditos motivos non eran de suficiente entidade para anular
o matrimonio, porque ambos conclúen que o rei arrepentido, fixo despois
penitencia, según explica Frai Florez na sua obra Memorias de las Reynas Cathólicas.
Incluso existe
unha fantasiosa lenda portuguesa sobre a separación de Ordoño e a raiña
Aragonta:
Ordoño deixara o goberno do Castelo á Aragonta e tamén a algúns criados máis próximos, e éstes recelosos da raiña, creaban intrigas contra ela. A pesar deste clima dentro do Castelo, a Raíña estaba confiada en que o Rei sempre confiaba nela.
Pero un día unha das súas criadas de confianza, lle
dixo que o rei foi envelenado e culpabilizaban a Aragonta da súa morte, e como
castigo estaba ordenado a súa execución. Aragonta ante este escenario, fuxiu do
Castelo, naquela mesma noite, para refuxiarse no Castelo das Furnas sito en
Valença do Minho.
O Rei Ordoño ao darse conta de que Aragonta fuxira,
enfadouse e acompañado dos seus homes marchou en busca da raiña, para darlle a
condena que pensaba merecida.
Aragonta contou coa axuda dun barqueiro, que non só
a axudou a atravesar o río, senon que tamén afundiu o seu propio barco para que
o Rei non o pudera empregar e así dar tempo para que ela chegase ao Castelo das
Furnas.
Cando o Rei Ordoño chegou, levantou cerco ao
Castelo, para que Aragonta se rendese ao quedar sin alimentos, ou no caso de
non renderse, morrese de fame e de sede.
Pero dentro do Castelo a raíña atopou unha fonte de
auga pura que saia dunha rocha, dándolle así máis coraxe e esperanza para
resistir. Tras quince días de asedio sen renderse ningunha das partes, unha
aguia, que fora coller unha troita ao río Miño, deixou caer a troita no Castelo
das Furnas. Aragonta, en lugar de comela, mandou a un dos seus criados, que con
ela fuxira, que levase a troita ao rei, que estaba no seu campamento.
Cando o Rei viu a oferta da Raíña, penso que estaba
protexida por axuda divina e cedeu, enviando unha mensaxe comunicando que a
perdoaba e que podería volver sen sufrir ningún represalia. Pero a Raíña non
quixo volver ao seu Castelo.
Aínda hoxe a pequena chaira dentro do Castelo é
coñecida como a Horta da Raíña e moita xente aínda di que na pía do Castelo
brota sempre auga pura.
Manancial que brota de la rocha e horta de Aragonta |
A aguia petrificada da lenda da raiña Aragonta, no seu nido |
Pero, o
verdaderio motivo do repudio, con toda probabilidade foi político: O interés e
a necesidade de establecer estreitos lazos co reino de Navarra. Ordoño tivera o apoio de Sancho Garcés, rei
de Navarra, na batalla de Castromoros que lle deu tan fructifero resultado, e
para facer dita alianza permanente, que mellor que casar coa súa filla Sancha.
Pero para poder casar tivo que primeiro desfacer o matrimonio con Aragonta.
No
ano 923 casou con Sancha de Navarra, pero de pouco proveito lle foi ese terceiro
matrimonio, porque no camiño de regreso a León coa sua nova esposa,
sorprendeulle a morte no camiño, e a León chegou somentes o cadáver do rei,
para ser sepultado na catedral de León que él mismo mandara edificar.
Dona
Aragonta, ao ser repudiada, retirouse a Galicia, elexindo o lugar de Saliceta,
hoxe Salceda de Caselas preto da súa terra natal de Tui, onde nunhas terras que eran propiedade dos seus pais fundou
un mosteiro, que fixo edificar baixo a advocación de Santa María, e no que se
encerrou con outras devotas damas galegas, que con ela quixeron tomar o hábito
de relixiosas.
Pero
no seu retiro, non so se adicou a rezar, tamén empregou parte do seu tempo en
xestións do seu patrimonio e da súa familia.
Despois
de dotar adecuadamente con privilexos, donacións, prebendas, etc o seu lugar de
retiro en Salceda, distribuiu o resto dos seus bens en outras obras pías. Ao mosteiro de
San Lorenzo de Carboeiro, que acababan de fundar os seus pais, deu o lugar de
Adanario. Este lugar fora recibido por Aragonta de parte do rei Sancho de
Galicia en cambio de varias granxas que constituian parte da dote que recibira
do matrimonio con Ordoño II. Esta escritura otorgouse no ano 929 polos seus
pais os condes Gonzalo e Teresa, por Aragonta e por outras moitas persoas. A pesar
do repudio, Aragonta mantivo unha especial estima e afecto hacia o seu difunto
exmarido, nomeando nesa escritura a Ordoño como “meu señor e marido”. Incluso moitos anos despois do seu breve
reinado, e do falecemento do rei, nun documento de compra datado a 15 de agosto
do ano 940 nomínase como “regina”,
raiña:
In Dei nomine .... Ego gor..... nia vobis domma aragonti regina In domino sempiternam salutem amen ...
No ano 964 tivo
que intervir nunha disputa sobre as propiedades familiares no Salnés. Os familiares
ascendentes de Aragonta poboaran unha parte considerable da terra do Salnés e Noalla,
Longa, Loba-morta e Dena, entre outros. Estes territorios estaban abandonados é
incultos, e estes señores fixéronse donos da comarca e a poseeron pacíficamente
por moitos anos tanto eles como os seus descendentes. Pero cara ao ano de 964 varios
veciños se apoderáron das aldeas, destruíndo algunhas delas e construindo
salinas nos arredores. Acudiu ao lugar o conde don Pelayo, irmán de dona
Aragonta, e prendeu aos usurpadores e presentou unha demanda xudicial. Con este
motivo celebrouse unha xunta á que asistiu o bispo de Santiago Sisnando II, a
condesa dona Aldara da torre de Lobeira, Mendo Menendez e tamén dona Aragonta, xunto
cos usurpadores. O bispo Sisnando, sentenciou que se fixeran dez partes das salinas
para repartirse da seguinte forma, unha para o mosteiro de Santa María de
Salceda, outro para o de Camanzo, outra para o de Celanova, outra para o de
Villanueva de la Condesa
fundado por Santa Ildara, nai de San Rosendo, e outra para os mosteiros de San
Lorenzo de Nogueira, Piloño, Lantaño, Pesegueiro e Carboeiro, catro para os
homes que fixeron as salinas, e unha para dona Aragonta, seu irmán Pelayo e os seus
herdeiros.
Solucionado este
asunto, dona Aragonta retirouse de novo a Salceda, tendo xa unha avanzade idade
para aquela época -en torno aos 60 anos-, e empregouse de cheo na piedade e
devoción. Que sanctam vitam ducebat (... ela levou unha vida santa), dixo de
dona Aragonta, frai Florez autor da vida de San Rosendo.
Poucos anos
despois, dona Aragonta caeu gravemente enferma. A raiña sentindo que se
aproximaba o momento da súa morte, mandou chamar para seu consolo e conforte ao
seu primo San Rosendo que estaba no mosteiro de Celanova.
As circunstancias
da súa morte bordean os límites do milagroso, segundo as Memorias de las Reynas Catholicas de Frai Yepes:
Estaba recollida en un monasterio de monjas la reina Dª Aragonta, muger que habia sido del rey D. Ordoño el segundo: era tia de S. Rosendo; y así por el parentesco como por la santidad gustaba mucho la reina de tratar con él; pero particularmente viéndose apretada de un recia enfermedad –de que después murió- temiéndose del peligro de aquella hora, envió a llamar a S. Rosendo para tenerle en aquel trance a la cabecera, despedirse de él y encomendarse en sus oraciones. S. Rosendo, con la prisa que pedía el caso, salió de Celanova, y caminando para donde estaba la reina por tierra, que llaman de Sande, á deshora oyó un coro de ángeles que cantaban dulce y suavemente. Ya como acostumbrado á semejantes visiones no se turbó, pero con santo respeto y devoción se apeó de la mula en que iba y se tendió en el suelo donde estuvo un poco de tiempo postrado: despues se levantó y dijo a los que venian con el que ya no tenían necesidad de proseguir el camino que llevaban comenzado; pues la reina Aragonta era muerta y el Señor le había revelado, como iba carrera de salvación acompañada de ángeles al cielo. Notose el tiempo en que San Rosendo había dicho de la muerte de la reina y hallose ser verdad lo que había pronosticado”
Ainda que Yepes
menciona que Aragonta era “tia de S.
Rosendo”, estaba equivocado, en realidade eran curmáns.
Así morreu
Aragonta, e según Frai Florez, tivo a raiña dona Aragonta mais riquezas e
honras na pobreza e retiro do mosteiro de Salceda, que na soberanía do trono.
Non se sabe con
exactitude a data de defunción de dona Aragonta, pero a sua morte debeu
acontencer cerca do ano 977 no que morreu San Rosendo, xa que o autor da vida
deste santo, inmediatamente depois de referir a morte de dona Aragonta menciona
a do ilustre santo.
Parece que o
sepulcro de Aragonta permaneceu por moito tempo en Salceda. Todavía hoxe a
porta norte da igrexa parroquial de Santa María de Salceda, que foi edificada
no ano 1767 onde estaban as ruinas do mosteiro, se chama Porta da Raiña, e
preto de alí hai unas fincas que lle siguen chamando “do mosteiro”.
Bibliografía:
-Memorias de las Reynas
Catholicas, Frai Henrique Florez.
-Memorias de la reina gallega
Doña Aragonta. Galicia Diplomática. Antonio López Ferreiro.
-Reyes y reinas del reino de
León. Juan Luis Puente López.
-Sampiro: su crónica y la
monarquía leonesa en el siglo X. Justo Pérez de Urbel.
-Unha ollada á historia de
Salceda de Caselas. Manuel Prego Español
-A Orixe dos Ozores de Salceda
de Caselas. Marco A. Rivero.
-Fotos do castelo rochoso das Furnas: ferruxo.blogspot.com.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario