sábado, 16 de abril de 2016

Ano de 2016. ATENCIÓN - IMPORTANTE, BÚSCASE NESTA VILA DE SALCEDA:

Por suxerencia de varios de vos, seguidores do blog, promovo este chamamento para intentar localizar e recuperar os tres elementos representativos do antigo pasado da nosa vila, que probablemente estén irrecuperaveis, pero como a esperanza é o último que se perde, quizáis algún deles todavía existe, e está nalgunha casa desta vila esquenzido, sen que os seus donos sepan que significan e o seu valor histórico. Por iso invítovos a botar unha ollada nas antigas casas dos vosos familiares por si acaso ...

Mirade nos faiados, pinchos, adegas, calquer sitio das casas dos vosos pais ou avós, ou quizáis nunha esquina, onde pode haber un vello arcón de madeira con tres pechaduras, un extraño bastón, ou no xardín, unha mesa de pedra que ten un só pé labrado, tamén de pedra, e que preguntando sobre a súa orixen, quizáis podades averiguar que non leva colocada mais de 15 anos nese sitio, e que poidese provir do torreiro da festa da Concepción.

Arca de tres pechaduras:

Esta foto non é da nosa arca. Púxena para darvos unha pista de como pode ser. 
A foto trátase da arca dunha Cofraría de Benavente, que podría ser similar á de Salceda.

Os documentos importantes da vila, como o documento de privilexio real da venta aos veciños, estaban custodiados nunha arca con tres pechaduras de tres chaves distintas. As tres chaves estaban en mans de tres persoas distintas, desta forma só se podía abrir estando de acordo as tres personas coas súas respectivas chaves. 

Ningúen podía abríla individualmente, este sistema era para evitar o acceso individualizado aos documentos, garantizando a integridade e seguridade dos mesmos.

A súa existencia consta en varios documentos:




... tienen su privilegio y cédula Real, en la Arca de Concejo de este coto, por lo que no pagan sus vecinos vasallaje ni derecho alguno y respondieron. (Libro de Interrogatorio do Catastro de Ensenada. Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra)

2º. Que tengan Arca de tres llabes para Recoger privilegios, Reales hordenes Y más papeles de dicha Villa. (Auto de buen gobierno del año de 1733 de Santa María de Salceda. Archivo Diocesano de Tui)


Vara de impartir xustiza:

A posesión do báculo ou bastón era o símbolo de distinción que o xuez tiña respecto ao mando ou poder que posuía para impartir a xustiza. Cando entornaba a vara facíao en nome do Rei, era o símbolo de delegación que tiña, e era sempre utilizada no momento de dictar sentencias, impartir xustiza ou incluso para impoñer orden e esixir obediencia.

Esta vara da foto non é a da nosa vila. Púxena para darvos unha pista de como pode ser.


En varios documentos se menciona a existencia e utilización da citada vara:





...le entregueys luego las varas della que teneys para que le use y exerça la jurisdicion por los alcaldes ordinarios y otra justicias y personas y segun y de la manera que agora se usa y exerce por las puestas y nombradas por el dicho ovispo y dignidad (documento de dismenbración das feligresías de Santa María de Salceda, San Xurxo, etc)

En la villa de Santa Maria de Salzeda al dia mes y año atras dichos por ante mi escribano de su majestad, dicho lizenciado Dn Joseph Gill Carballido, juez ordinario desta dicha villa (…) y su merced dicho juez se fue acercando para acia las escalas de dicho corredor llevando su vara alta de justicia en las manos … ( Arquivo Histórico Nacional. ES.28079.AHN/1.1.4.3.1 Consejos,35062, Exp.2.)


Mesa de pedra:

Trátase dunha mesa de pedra, dun só pé, que estaba sita no adro da Igrexa de Salceda, nela celebrábanse as Asembleas veciñais.

Non dispoño de ningunha foto, pero si algún de vos tedes algunha, invítovos a enviarma e así colgala neste blog. Dita histórica mesa de pedra, permaneceu intocable no adro da Igrexa varios séculos, ata que no século pasado foi trasladada a un lateral do torreiro da festa onde permaneceu ata fai poucos anos e de alí desapareceu.

A súa existencia consta documentada en varias actas de asembleas:




    Nunha acta do ano 1781 pódese leer:

... Conbocados que fueron a este fin la maior y más Sana parte de los Vezinos, Moradores y naturales de esta misma Villa, en el Atrio de la Yglesia de ella, a Una Voz eligieron ...”

    Noutra acta do ano 1794 dí:

.. así Juntos y congregados según Costumbre Ynmemorial y sentados a la Mesa de Piedra que para Yguales Actos se halla en el Citado Atrio ...”




Se queredes aportar algunha suxerencia ou algún dato podedes facelo a través dun comentario ou no email seguinte: santamariadesalceda@gmail.com




No hay comentarios:

Publicar un comentario